Administración de medicación por vía oftálmica

0 comentarios comentarios

Administración de medicación por vía oftálmica

Está en fase de revisión e en breve estará dispoñible a súa actualización.

​NOTA: Dado que transcorreron máis de 5 anos desde a publicación do procedemento, as recomendacións que contén han de ser consideradas con precaución.

 

​A administración de medicación por vía oftálmica vai permitir previr e controlar a infección, aliviar a dor e a conxestión da conxuntiva, dilatar ou contraer as pupilas para algúns tratamentos ou exames, lubricar o ollo para evitar úlceras de córnea e outras complicacións e diminuír a inflamación.​

 

A finalidade deste procedemento é elaborar un documento que sirva de guía para os profesionais no que ten que ver coas actuacións que deben levar a cabo no que atinxe á administración de fármacos por vía oftálmica, ao adestramento do paciente e aos coidados no manexo dos dispositivos e dos aparellos necesarios. O que se pretende é que os profesionais administren de forma correcta a medicación oftálmica, de maneira que se reduza a variabilidade clínica incorporando as mellores prácticas na actividade asistencial.

 


Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
  •  
  •  
  •  
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde