Administración de medicación por vía oftálmica

0 comentarios comentarios

Administración de medicación por vía oftálmica

Procedemento actualizado en 2022

 

A finalidade deste procedemento é elaborar un documento que sirva de guía para os profesionais sanitarios nas actuacións que deben levar a cabo no que atinxe á administración de fármacos por vía oftálmica, ao adestramento do paciente e aos coidados no manexo dos dispositivos e dos aparellos necesarios. O que se pretende é que os profesionais administren de forma correcta a medicación oftálmica, de maneira que se reduza a variabilidade clínica incorporando as mellores prácticas na actividade asistencial.
A administración de medicación por vía oftálmica vai permitir previr e controlar a infección, aliviar a dor e a conxestión da conxuntiva, dilatar ou contraer as pupilas para algúns tratamentos ou exames, lubricar o ollo para evitar úlceras de córnea e outras complicacións e diminuír a inflamación.

Tes mais información sobre o procedemento nos distintos apartados da información asociada.

 AUTORAS:
  • Basanta Basanta, Aida. Enfermeira. Centro de saúde de Mondoñedo. XAS Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.
  • Castro Murias, María del Mar. Supervisora Medicina Preventiva  Hospital Universitario Lucus Augusti. XAS Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.
  • Jiménez Díaz, Lidia Raquel. Enfermeira Hospital Universitario Lucus Augusti. XAS Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.
  • Martínez López, Ángeles. Supervisora Calidade Hospital de Monforte. XAS Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.
  • Pérez Rodríguez, María Teresa. Enfermeira Hospital de Monforte. XAS Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.
  • Vázquez Martínez Ana. Supervisora Calidade Hospital da Mariña. XAS Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.

REVISORAS:

  • Ana Mª Meizoso Ameneiro. Enfermeira de Nefroloxía. Área Sanitaria de Ferrol.
  • Noemí Pérez Felpete. Enfermeira Atención Primaria. Área Sanitaria de Ferrol.
  • Carmen Méndez de León. Enfermeira Unidade da dor. Área Sanitaria de Vigo. 

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
  •  
  •  
  •  
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde