Definición adm. medicamento vía oftálmica

1 comentarios comentarios

Definición adm. medicamento vía oftálmica

 

Medicamento: Sustancia que, administrada interior ou exteriormente a un organismo animal, serve para evitar, curar ou aliviar a enfermidade e corrixir ou reparar os danos  desta. É un ou máis fármacos integrados nunha forma farmacéutica destinado para a súa utilización en persoas ou animais, mellorar o estado de saúde ou modificar estados fisiolóxicos.


Vía de administración: Ruta de entrada ou medio polo que os medicamentos son introducidos no organismo.


Administración de medicamentos: Darlle a unha persoa unha única dose de medicamento.


Administración de medicamentos por vía oftálmica: Administración dun fármaco a nivel ocular, a través da instilación de colirios ou da aplicación de pomadas oftálmicas.


Pomada oftálmica: Preparación semisólida destinada á súa aplicación sobre a conxuntiva.


Colirio oftálmico: Solución ou suspensión acuosa ou oleosa destinadas á instilación ocular.


Baños oculares: Solución acuosa destinada a ser instilada ou aplicada no ollo, habitualmente para o lavado ocular.


Saco conxuntival: Espazo comprendido entre os pálpebras e o  globo ocular.


Fármacos oftalmolóxicos: Son os que se utilizan para tratar a patoloxía dos ollos. Algúns son de uso exclusivamente oftálmico e outros son de uso xeral ou preparacións especiais de uso xeral específicas para os ollos.


Pálpebras: Son dúas estruturas  que protexen  o globo ocular  pola súa parte anterior  sen interferir na función  visual.

Comentarios:
  • avatar Lidia Ana Vallin dixo:
    domingo, 14 de xullo 2019 ás 00:50
    Cómo se elimina los colirios y geles
Publica o teu comentario
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde