Obxectivos e diagnóstico de enfermería. Adm. medicamentos v. oftálmica

1 comentarios comentarios

Obxectivos e diagnóstico de enfermería. Adm. medicamentos v. oftálmica

 

Obxectivo xeral:

Unificar e coordinar as actuacións na administración de medicamentos por vía oftálmica.

Obxectivos específicos:

 

  1. Administrar con seguridade os fármacos a través da vía oftálmica.
  2. Empregar unha técnica aséptica para a administración dos fármacos vía oftálmica.
  3. Prever posibles complicacións derivadas da administración de fármacos por vía oftálmica.
  4. Proporcionar os coñecementos necesarios para aplicar correctamente colirios e pomadas oftálmicas, con fins diagnósticos, profilácticos e/ou terapéuticos.
  5. Educar a pacientes e familia respecto á correcta administración de medicamentos por vía oftálmica.

 

Diagnósticos de enfermería relacionados:
 
Diagnósticos NANDA
  • 00004 Risco de infección.
  •  00035 Risco de lesión.
  • 00126 Coñecementos deficientes.
  • 00132 Dor aguda.
  • 00133 Dor crónica.
  • 00161 Disposición para mellorar os coñecementos.
  • 00182 Disposición para mellorar o autocoidado. 
  • 00219 Risco de sequidade ocular.
  • 00245 Risco de lesión corneal.
  • 00248 Risco de deterioro da integridade tisular.
  • 00276 Autoxestión ineficaz da saúde.
  • 00277 Autocoidado ineficaz do ollo seco.
  • 00293 Disposición para mellorar a autoxestión da saúde.

Comentarios:
  • avatar You keep it up now, unadrstdne? Really good to know. dixo:
    xoves, 6 de xullo 2017 ás 01:21
    You keep it up now, unadrstdne? Really good to know.
Publica o teu comentario
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde