Administración de medicación por vía oftálmica

A administración de medicación por vía oftálmica vai permitir previr e controlar a infección, aliviar a dor e a conxestión da conxuntiva, dilatar ou contraer as pupilas para algúns tratamentos ou exames, lubricar o ollo para evitar úlceras de córnea e outras complicacións e diminuír a inflamación.

A finalidade deste procedemento é elaborar un documento que sirva de guía para os profesionais no que ten que ver coas actuacións que deben levar a cabo no que atinxe á administración de fármacos por vía oftálmica, ao adestramento do paciente e aos coidados no manexo dos dispositivos e dos aparellos necesarios. O que se pretende é que os profesionais administren de forma correcta a medicación oftálmica, de maneira que se reduza a variabilidade clínica incorporando as mellores prácticas na actividade asistencial.