Procedemento de adm. de medicación v. oftálmica

3 comentarios comentarios

Procedemento de adm. de medicación v. oftálmica

Procedemento de administración de medicación por vía oftálmica

​Antes da administración

  1. Comprobar a identidade do paciente, segundo o procedemento de aplicación no Servizo Galego de Saúde.
  2. Respectar a intimidade do enfermo e gardar confidencialidade dos seus datos.
  3. Informar ao paciente e/ou ao coidador principal do procedemento a realizar e solicitarlle a súa colaboración, se é posible, recalcando a súa utilidade, usando unha linguaxe comprensible e resolvendo as súas dúbidas e temores. No caso de pacientes pediátricos explicarlles o procedemento aos pais. 
  4. Solicitar o seu consentimento de forma verbal, sempre que sexa posible.
  5. Identificar aos profesionais sanitarios que van intervir no procedemento
  6. Seguindo os cinco principios da administración da medicación verificar: fármaco, dose, vía, hora e paciente correcto. Asegurarse de que non existe contraindicación ou alerxia ao fármaco.  Seguimento e monitorización de posibles reaccións alérxicas medicamentosas (RAM) ou efectos adversos (EA).
  7. Identificar correctamente o ollo onde imos aplicar o tratamento, dereito (OD), ollo esquerdo(OE) ou ambos ollos (AO).
  8. Comprobar a prescrición coa etiqueta do fármaco e que ambas as dúas estean claramente escritas. Verificar tamén a data de caducidade. Non aplique ningún medicamento nos ollos se a etiqueta non indica especificamente para uso oftálmico.
  9. Asegurar que todo o equipamento necesario estea á man.
  10. É preciso que o persoal sanitario coñeza a duración e finalidade do tratamento para poder facilitar a adherencia do paciente ao mesmo.
 
Preparación do paciente:

 

  1. Sentar ao paciente coa cabeza inclinada cara atrás ou ben deitado en   decúbito supino e, se non hai contraindicación, co colo en leve hiperextensión.
  2. Lavado hixiénico das mans.
  3. Poñer luvas.
  4. Retirar as próteses oculares e as lentes de contacto, se as tivese.
  5. Se hai lagañas ou secrecións nos anexos oculares, limpalas suavemente cunha gasa impregnada en soro fisiolóxico. Para non introducir microorganismos no conduto lacrimal, limpe sempre desde o canto interno ao canto externo do ollo. Utilice unha gasa nova para cada pasada.

 

 
Administración da medicación:

 

  1. Abrir e retirar o tapón do medicamento (sexan pingas ou pomada) colocando no peche unha gasa para evitar a súa contaminación, e deixar a tapa boca arriba para evitar a contaminación dos bordos. Anotar no frasco a data de apertura. Unha ampla porcentaxe deste envases están contaminados pola mala manipulación.
  2. Estirar suavemente a pel da pálpebra inferior como segue: coller unha gasa limpa e colocala sobre o pómulo do paciente (isto ha de facerse para que a gasa absorba o medicamento que reborde, de ser o caso) co dedo índice da man non dominante apoiado na gasa premer suavemente cara abaixo, de tal maneira que quede exposto o saco conxuntival. É importante indicarlle ao paciente que procure mirar cara a arriba para que se reduza o pestanexo. 
  3. Administre a medicación.
  4. As vías de administración de fármacos en oftalmoloxía son:
     

Vía tópica: é a máis estendida, lévase a cabo mediante pingas, xeles ou ungüentos. É ideal para o tratamento da patoloxía do segmento anterior, xa que os fármacos administrados deste xeito  penetran  adecuadamente  na  conxuntiva,  a  córnea e o iris. Sen embargo, é difícil conseguir concentracións adecuadas de fármacos na retina ou na coroides mediante esta vía. Por convenio, os tapóns dos botes de colirio teñen un código de cor para a súa rápida identificación e para evitar errores; así, os anestésicos teñen tapón amarelo, os midriáticos vermello, os mióticos verde, e o resto (antibióticos, lágrimas artificiais, etc.) branco.

Colirios.JPGAdministración colirio.JPG

Instilación das pingas oftálmica 

  1. Desbotamento da primeira gota.
  2. Coa man dominante descansando sobre a fronte do paciente, sosteña o contapingas ou o frasco co medicamento 1-2 cm por enriba do saco conxuntival. Ao ter a man apoiada e o recipiente a esa distancia, prevéñense tanto os traumatismos como as infeccións.
  3. Instile o medicamento no centro do fondo do saco conxuntival. Aplicar as pingas no saco conxuntival. Non facelo nunca directamente sobre a córnea para evitar molestias no paciente. Os medicamentos empregados para a lubricación da córnea e as pingas de anestesia local son a excepción a esta técnica, colócanse directamente enriba do ollo.
  4. Cunha gasa, aperte firmemente sobre o conduto lacrimal durante 30-60 segundos. Deste xeito prevense o rebordo cara ás vías nasais e cara á farinxe e a absorción á circulación sistémica.

Administración da pomada oftálmica

  1. Desbote a primeira porción da pomada.
  2. Coa man dominante, aplique unha tira fina e uniforme de pomada no saco conxuntival, desde o canto interno ao canto externo do ollo. Manteña unha distancia de 1-2 cm entre o tubo e o saco conxuntival, co fin de evitar os traumatismos e as infeccións.
    Ao chegar ao canto externo, xire levemente o tubo en sentido contrario (con iso facilítase o desprendemento da pomada); limpar cunha gasa a pomada sobrante.
  3. Pídalle ao paciente que peche as pálpebras con suavidade, pero sen apertalas. Así, o medicamento distribuirase uniformemente polo ollo.
  4. Cando o tratamento é múltiple con administración de  diferentes colirios á mesma hora, a administración de cada un deles debe realizarse polo menos cun intervalo de 5 minutos.  Indicar ao paciente que pestanexe e non realizar lavado de ollos entre as aplicacións.
  5.  Retirar o que sobre da medicación cunha gasa (sempre dende o canto interno ao canto externo do ollo).
  6. Colocar un apósito oftálmico se está indicado.         
  7. Cerrar o frasco asegurando unha técnica aséptica para evitar a contaminación.
  8. Axudarlle ao paciente a adquirir a postura cómoda.
  9. Recoller o material empregado  e proceder a súa limpeza  ou eliminación no contedor adecuado.
  10. Quitar as luvas e realizar un lavado hixiénico das mans. 

Comentarios:
  • avatar Your articles are for when it abolsutely, positively, needs to be understood overnight. dixo:
    xoves, 6 de xullo 2017 ás 02:52
    Your articles are for when it abolsutely, positively, needs to be understood overnight.
  • avatar Super jazzed about getting that kn-owhow. dixo:
    xoves, 6 de xullo 2017 ás 02:34
    Super jazzed about getting that kn-owhow.
  • avatar Back in school, I'm doing so much lergnina. dixo:
    xoves, 6 de xullo 2017 ás 02:05
    Back in school, I'm doing so much lergnina.
Publica o teu comentario
  •  
  •  
  •  
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde