0 comentarios comentarios

Para ter en conta. Adm. medicación por vía oftálmica

Obsersacións:

-Anticiparse e tomar as medidas necesarias para previr os movementos rápidos e inesperados do paciente durante a administración do fármaco e, no caso dos nenos, pedir a colaboración dos titores para inmobilizalos.

-Verificar a existencia de incompatibilidades medicamentosas que contraindiquen a administración dalgún dos fármacos.

-Vixiar e informar o paciente da necesidade de comunicar calquera signo relacionado coas posibles complicacións.

-Se é a primeira vez que se administra un medicamento hai que estar alerta, en especial nos casos de hipersensibilidade coñecida a outros fármacos.

-Desbotar a primeira gota ou porción de pomada antes de instilar o tratamento.

-Se nalgún momento se toca o ollo co aplicador do medicamento, hai que consideralo contaminado e desbotalo.

-As gotas oftálmicas deben aplicarse antes que as pomadas. O ideal sería esperar 5 minutos para evitar que as gotas se absorban (nivel IV).

-Seguir en todo momento unha técnica aséptica, xa que os colirios se contaminan con facilidade.

-Unha vez aberto o envase, considérase contaminado. Será de uso exclusivo para o doente e ha de estar correctamente identificado.

-No caso de colirios que se conserven na neveira, hai que quentalas entre as mans antes de administrar ata que alcance a temperatura ambiente.

-Cando se administren fármacos que produzan efectos sistémicos, aplicarase unha leve presión sobre o conduto nasolacrimal durante 30-60 segundos para evitar o seu paso e absorción pola mucosa nasal.

-Cando sexa necesario instilar pingas de varios colirios, administraranse con polo menos cinco minutos de diferenza, pois se se administran seguidos as segundas lavan as primeiras e non son efectivas.

-Anotar no envase a data de apertura e verificar o período de caducidade unha vez aberto, o que dependerá do tipo de colirio.

-Desbotar as pingas decoloradas ou con borra.

-Vixiar a presenza de avermellamento, proído, visión borrosa persistente ou diminución da agudeza visual.

-O saco conxuntival ten capacidade para 1-2 pingas, polo que a instilación de máis medicamento é de dubidosa eficacia.

-Manter ben pechados os colirios e as pomadas logo de utilizalos.

-Aplicar as pingas no saco conxuntival. Non facelo nunca directamente sobre a córnea para evitar molestias no paciente.

-Non aplicar nunca presión directa sobre o globo ocular, xa que se poden producir graves danos.

-Explicarlle ao paciente que, tras a administración da pomada oftálmica, así como con certos colirios, a súa visión permanecerá borrosa durante uns instantes.

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
  •  
  •  
  •  
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio