0 comentarios comentarios

Procedemento.Obstrucción completa do catéter

Procedemento

Comprobacións previas:

  • Presentarse ao paciente.
  • Comprobar inequivocamente a identidade do paciente, segundo o procedemento de aplicación no Servizo Galego de Saúde.
  • Respectar a intimidade do enfermo e gardar confidencialidade dos seus datos.
  • Informar o paciente e/ou o coidador principal do procedemento que se vai a realizar e solicitarlle a súa colaboración, se é posible. Usar unha linguaxe comprensible e resolver as posibles dúbidas e temores.
  • Solicitar o seu consentimento de forma verbal, sempre que sexa posible.
  • Identificar os profesionais sanitarios que van intervir no procedemento.
  • Comprobar a existencia de alerxias.
  • Realizar a hixiene das mans segundo o procedemento de aplicación no Servizo Galego de Saúde.
  • Colocar o paciente na postura adecuada: sentado ou deitado en semi-Fowler, brazo afecto estendido, separado do corpo.

     

    1. Realizar hixiene de mans e preparación del campo con el material que imos utilizar.
    2. Aplicación de solución antiséptica de elección na zona externa del PICC (bioconectores e liñas exteriores).
    3. Hixiene de mans e colocación de luvas estériles.
    4. Colocación dun pequeno pano estéril baixo a luz obstruida.
    5. Retirar o bioconector da luz obstruída; pódese utilizar para iso unhas gasas impregnadas en antiséptico.
    6. Colocar unha chave de tres pasos con 2 tapóns bioconectores.
    7. Conectar á chave unha xiringa de 20 ml baleira e a xiringa coa solución de urokinasa.
    8. Facer baleiro no catéter coa xiringa de 20 ml, e mantela pechada cara á urokinasa.
    9. Sen soltar el baleiro, virar a chave pechando cara a esa xiringa e abrindo a luz do catéter cara á xiringa de urokinasa. Observar como se introduce unha pequena cantidade de solución trombolítica debido á presión negativa realizada desde el interior do catéter.
    10. Pechar clamp externo do catéter, si o houbese.
    11. Poñer un novo bioconector e deixar actuar a urokinasa durante polo menos 1 hora.
    12. Posteriormente, desinfectar bioconector e aspirar de novo pola luz cunha xiringa de 10/ 20 ml. Refugar el aspirado ata que refluya sen dificultade (INS 2016, grao V).
    13. En caso de non conseguir refluxo de sangue, repetir o procedemento, e prolongar os tempos de actuación do fármaco progresivamente.
    14. Unha vez resolto o problema e que conseguimos refluxo de sangue, refugar o extraído e lavar con 20 ml de SSF mediante técnica push-stop-push clampado a presión positiva.
    Finalización de procedemento:
    • Refugar o material nos seus correspondentes contedores de residuos (punzantes, etc)
    • Retirada do equipo de protección persoal que se usou (luvas).
    • Hixiene de mans.

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
  •  
  •  
  •  
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio