0 comentarios comentarios

Procedemento coidado e manexo do catéter central de inserción periférica (PICC) en adultos

Para facilitar o acceso á información, ofrécese ao persoal sanitario un protocolo baseado na evidencia para o coidado do catéter PICC.

Todo paciente que precise dun acceso vascular debe ser sometido a un proceso de valoración proactiva que atenda as condicións persoais, o tipo e a duración prevista do tratamento, co fin de escoller o dispositivo máis axeitado para cada momento.
 
Seguindo as recomendacións das guías de práctica clínica máis actuais, baseadas na evidencia científica (BE), relacionadas coa terapia intravenosa e a xestión de todos os accesos vasculares, podemos facer esta elección en función dun algoritmo de actuación.
 
Algoritmo elección dispositivo vascular. GAL.png
É responsabilidade da enfermería que tras a inserción do dispositivo vascular axeitado o paciente reciba os mellores e máis actuais coidados BE.
A enfermería debe perseguir a estandarización dos criterios de actuación, de forma que se incorporen as mellores prácticas á nosa actividade enfermeira diaria, e ofrecer uns coidados seguros, eficientes e continuos a todos os ámbitos asistenciais. Para facilitar o acceso á información, ofrécese ao persoal sanitario un protocolo baseado na evidencia para o coidado do catéter PICC.
 Autores.JPG

Agradecemento a: 
 
Ana Belén Castro Giadans, enfermeira unidade de enfermería 5ºA.
Myriam Martín de la Cruz, Supervisora unidade de enfermería 5ºA.
Oncoloxía-UMAP. Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela. EOXI Santiago

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
  •  
  •  
  •  
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio