Os profesionais sanitarios non portarán aneis, pulseiras, unllas pintadas, e en xeral calquera cousa susceptible de ser o niño de xermes.
Informar o doente que ao ser portador dun catéter venoso deberá ter uns coidados en canto a mobilización que non o imposibilitan pero si que son condicionantes (se a vía venosa está en flexura, deberá procurar non dobrar o brazo para evitar roturas ou obstrución do catéter).
Ante a existencia de peluxe na zona de inserción recomendase cortalo antes que rasúralo para evitar producir microlesións cutáneas.
En cada intento de inserción utilizar un catéter novo. Aconsellase non tardar más de 25 minutos dende a primeira punción para canalizar unha vía venosa. (Boa práctica)
Nos adultos, utilizar as extremidades superiores para a inserción do catéter. Recolocar calquera catéter enxertado nunha extremidade inferior a unha extremidade superior o antes posible. (Categoría II).
Nos pacientes pediátricos, pódense usar as extremidades superiores ou inferiores, o coiro cabeludo (neonatos o lactantes) como sitios de inserción dun catéter. Categoría II. (Categoría II).
Seleccionar os catéteres en función do obxectivo buscado e a duración do uso prevista, das complicacións infecciosas ou non infecciosas coñecidas (flebite e infiltración), e da experiencia do profesional. (Categoría IB).
Non se deben utilizar agullas de metal para a administración de fluídos e medicación que poden causar necrose de tecidos. (Categoría IA).
Non canalizar de xeito rutineiro nunha vea se non se vai a utilizar.
As veas recomendadas para tratamento IV son (por esta orde): dorsais, metacarpianas, radial, cubital, basílica e cefálica, xugular externa e epicraneais nos neonatos, elixindo aquelas onde non existan signos de punción previa, nin lesións da pel, buscando a maior comodidade para o doente, tendo en conta a duración da terapia, tipo de fluídos, ritmo, membro dominante ou a preferencia do enfermo e a súa mobilidade na zona elixida.
Informar o paciente sobre a selección da vea, se recomenda primar a seguridade fronte a independencia de movementos do paciente. (Recomendación Forte)
Evitar as veas de MMII por risco de trombose, e no caso de ser imprescindible pola urxencia, debemos canalizar nova vía no membro superior canto antes se poida.
Non empregar a extremidade afectada nun doente ao que se lle practicou una extirpación ganglionar (con linfadenectomía).
Evitar no posible a extremidade afectada por un ACV.
Non utilizar as veas dun membro con fístulas arteriovenosas, queimaduras, lesións cutáneas, zonas esclerosadas e doridas.
Non canalizar as veas varicosas ou trombosadas.
Non canalizar nunca unha vía periférica por enriba do lugar de inserción dun catéter central de acceso periférico.
Evitar no posible canalizar o membro dominante, prominencias óseas e áreas de flexión.
Procurar que o punto de inserción non dificulte as actividades diarias do doente.
A palpación do lugar de inserción non se debe facer despois de aplicar antiséptico na zona.
En pacientes que o precisen, e sempre en pediátricos, valorarase a utilización de férula de inmobilización, fixándoa con esparadrapo hipoalerxénico sen rodear completamente o membro, e cubrir cunha malla elástica, para asegurar a correcta fixación da vía. A fixación realizarase o máis distal posible do punto de inserción, e procurando non exercer presión excesiva por risco de feridas e/ou úlceras.
En doentes con tratamento intravenoso continuado ou urxente e con dificultade de acceso venoso, se o catéter está permeable e non hai signos de flebite, non debe retirarse a vía ata que non teñamos una nova vía funcionando.