Para ter en conta. Canalización da vía venosa periférica

Para ter en conta. Canalización da vía venosa periférica

 
 

Observacións para evitar infección e complicacións

 
  • Os profesionais sanitarios non portarán aneis, pulseiras, unllas pintadas, e en xeral calquera cousa susceptible de ser o niño de xermes.

  • Informar o doente que ao ser portador dun catéter venoso deberá ter uns coidados en canto a mobilización que non o imposibilitan pero si que son condicionantes (se a vía venosa está en flexura, deberá procurar non dobrar o brazo para evitar roturas ou obstrución do catéter).

  • Ante a existencia de peluxe na zona de inserción recomendase cortalo antes que rasúralo para evitar producir microlesións cutáneas.

  • En cada intento de inserción utilizar un catéter novo. Aconsellase non tardar más de 25 minutos dende a primeira punción para canalizar unha vía venosa. (Boa práctica)

  • Nos adultos, utilizar as extremidades superiores para a inserción do catéter. Recolocar calquera catéter enxertado nunha extremidade inferior a unha extremidade superior o antes posible. (Categoría II).

  • Nos pacientes pediátricos, pódense usar as extremidades superiores ou inferiores, o coiro cabeludo (neonatos o lactantes) como sitios de inserción dun catéter. Categoría II. (Categoría II).

  • Seleccionar os catéteres en función do obxectivo buscado e a duración do uso prevista, das complicacións infecciosas ou non infecciosas coñecidas (flebite e infiltración), e da experiencia do profesional. (Categoría IB).

  • Non se deben utilizar agullas de metal para a administración de fluídos e medicación que poden causar necrose de tecidos. (Categoría IA).

  • Non canalizar de xeito rutineiro nunha vea se non se vai a utilizar.

  • As veas recomendadas para tratamento IV son (por esta orde): dorsais, metacarpianas, radial, cubital, basílica e cefálica, xugular externa e epicraneais nos neonatos, elixindo aquelas onde non existan signos de punción previa, nin lesións da pel, buscando a maior comodidade para o doente, tendo en conta a duración da terapia, tipo de fluídos, ritmo, membro dominante ou a preferencia do enfermo e a súa mobilidade na zona elixida.

  • Informar o paciente sobre a selección da vea, se recomenda primar a seguridade fronte a independencia de movementos do paciente. (Recomendación Forte)

  • Evitar as veas de MMII por risco de trombose, e no caso de ser imprescindible pola urxencia, debemos canalizar nova vía no membro superior canto antes se poida.

  • Non empregar a extremidade afectada nun doente ao que se lle practicou una extirpación ganglionar (con linfadenectomía).

  • Evitar no posible a extremidade afectada por un ACV.

  • Non utilizar as veas dun membro con fístulas arteriovenosas, queimaduras, lesións cutáneas, zonas esclerosadas e doridas.

  • Non canalizar as veas varicosas ou trombosadas.

  • Non canalizar nunca unha vía periférica por enriba do lugar de inserción dun catéter central de acceso periférico.

  • Evitar no posible canalizar o membro dominante, prominencias óseas e áreas de flexión.

  • Procurar que o punto de inserción non dificulte as actividades diarias do doente.

  • A palpación do lugar de inserción non se debe facer despois de aplicar antiséptico na zona.

  • En pacientes que o precisen, e sempre en pediátricos, valorarase a utilización de férula de inmobilización, fixándoa con esparadrapo hipoalerxénico sen rodear completamente o membro, e cubrir cunha malla elástica, para asegurar a correcta fixación da vía. A fixación realizarase o máis distal posible do punto de inserción, e procurando non exercer presión excesiva por risco de feridas e/ou úlceras.

  • En doentes con tratamento intravenoso continuado ou urxente e con dificultade de acceso venoso, se o catéter está permeable e non hai signos de flebite, non debe retirarse a vía ata que non teñamos una nova vía funcionando.


Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde