Recomendacións sobre equipos de infusión

0 comentarios comentarios

Recomendacións sobre equipos de infusión

 
 
1. Cambio de equipos, alargadeiras e bioconectores:
  • Durante unha infusión continua non antes de 96 h (4 días) e como máximo cada 7 días (CDC 2011, categoría IA; INS 2016, grao I ).
  • Os equipos utilizados para unha infusión intermitente non se deben reutilizar máis alá de 24 h (INS 2016, grao V consenso).
  • Cambiar o tapón bioconector por un novo se este se desconectou por algunha razón, contén residuos de sangue ou solucións, ou se vai extraer un hemocultivo a través desa luz (INS 2016, grao IV). En caso de abrir a luz do PICC ao exterior, porque se retire, cambie ou non haxa tapón bioconector, a manipulación realizarase con técnica aséptica (luvas estériles e máscara cirúrxica).
Aínda que non hai acordo na actualidade (INS 2016, grao IV), diversos estudos apuntan ao beneficio de utilizar tapóns split septum (sen mecanismos internos), para evitar amoreamento de material orgánico e fármacos e posible risco incrementado de infección.
 
2. Non se recomenda o uso de soros a baixa velocidade de infusión por gravidade, polo alto risco de refluxo e obstrución. No seu lugar, recoméndase o uso de bombas de infusión.
 
3. Cambio de sistemas con infusións lipídicas:
  • Nutrición parenteral cada 24 h (CDC 2011, categoría IB; INS 2016 grao IV).
  • Propofol cada 6-12 h e cada vez que se inicie unha nova vía (INS 2016, grao I).
  • Resto de infusións lipídicas cada 12 h (CDC 2011, categoría IA; INS 2016, grao V) ou sempre que se inicie unha nova vía (INS 2016, grao V).

4. Cambio de sistemas con filtro para a infusión de hemoderivados: o sistema é monouso. Se se transfunde máis de 1 unidade en menos de 4 h, podería utilizarse o mesmo (INS 2016, grao V).

 

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde