Tensión Arterial

Ao igual que os demais signos vitais, a presión arterial é unha manifestación do estado de saúde. Calquera alteración dos signos vitais indica anormalidade.

​A protocolización dos coidados confórmase como instrumento indispensable de soporte para a práctica clínica. Entre as súas numerosas vantaxes cabe destacar, a redución na diversidade inapropiada da práctica clínica o que lles propicia unha atención máis xusta e equitativa aos pacientes. Unifican, así mesmo, criterios de actuación que nos serven de punto de partida para unha avaliación da calidade do proceso asistencial.
 
Aínda que se trata dunha das exploracións médicas máis habituais, a determinación da presión arterial é unha das que se realiza de forma menos fiable e cun seguimento escaso das recomendacións que achegan as distintas guías nacionais e internacionais.
 
Ao igual que os demais signos vitais, a presión arterial é unha manifestación do estado de saúde. Calquera alteración dos signos vitais indica anormalidade. A falta de identificación da hipertensión arterial (HTA) pode permitir a evolución de múltiples alteracións sistémicas nos denominados órganos diana, como corazón, cerebro, ril e retina e aumentar a morbimortalidade dos pacientes hipertensos. A HTA é doadamente identificable, e tratable en estadios iniciais, aínda que a miúdo é clinicamente silente nesta fase, de tal maneira que é o persoal sanitario (médico de familia, enfermeira), o responsable de diagnosticala a tempo e reducir os numerosos efectos secundarios que implica a falta de detección temperá e a repercusión dende o punto de vista, médico, socioeconómico e psicolóxico que ten subestimala.

  

Tes mais información sobre o procedemento nos distintos apartados da información asociada

 

 

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio