0 comentarios comentarios

Para ter en conta. TA

.

- Debido á falta de probas dispoñibles, á hora de decidir sobre a frecuencia máis apropiada para tomar os signos vitais, aconséllase utilizar o xuízo clínico de acordo coa situación de saúde do paciente (Grao B).
 
- A técnica de Korotkoff é considerada actualmente como o mellor método de medición da presión arterial (Nivel IV).
 
- Os factores ambientais, físicos e psicosociais poden influír na lectura a presión arterial (Nivel IV). Condicións que afectan a la medición.pdfCondicións que afectan a medición.pdf
 
- Aconséllase que a cámara inchable teña unha anchura do 40 % é unha lonxitude do 80% da circunferencia do brazo. Un manguito cunha cámara demasiado curta ou estreita sobrevalorará a PA, mentres que se é demasiado longa ou ancha infraestimará as cifras de PA. En caso de dúbida é preferible utilizar un manguito tan grande como sexa posible, pois o erro de infraestimación é menor que o de sobrevaloración nos casos de usar un brazal demasiado estreito.
 
- Demostrouse e sustentouse en varias investigacións a recomendación do uso da campá en vez do diafragma para a medición da presión (Nivel I).
 
- As medicións deben realizarse cun esfigmomanómetro aneroide calibrado periodicamente ou un sistema electrónico calibrado (Nivel I).

 

- Cando se utilizan dispositivos electrónicos deberán seguirse as instrucións do fabricante, que deberán situarse en lugar visible.

 

- A medida estandarizada da PA no medio clínico debe facerse co suxeito en repouso físico e mental previo, como mínimo de 5 min.
 
- Espere entre 1 e 5 minutos antes de tomar a tensión arterial despois de realizar exercicio ou de cambiar de posición por parte do paciente (Grao B).
 
- Antes de realizar unha nova medición nesta extremidade débese esperar 1 ou 2 minutos.

 

- Débese ter en conta que as comidas copiosas, a inxestión de alcol e as temperaturas ambientais extremas poden alterar as cifras de tensión arterial.
 
- Os pacientes non deberían fumar ou inxerir cafeína durante os 30 minutos anteriores as medicións (Nivel IV).
 
- Se a presión arterial non é audible co fonendoscopio debese medir mediante o pulso radial, tendo en conta que a presión diastólica non se pode medir co dito sistema. Reflectirase no rexistro que a medición se realizou mediante esta técnica.
 
- Cuarto tranquilo, evitar ruídos.
 
- Na toma inicial debe medirse a PA en ambos os brazos e se se encontra unha diferenza de presión >20 mm Hg na PAS ou >10 mm Hg na PAD débense valorar as posibles causas e considerar como presión do individuo a medida máis alta. Nas visitas sucesivas determinarase a PA unicamente no brazo con cifras máis elevadas (“brazo control”).
 
- No caso de imposibilidade de tomar a presión arterial nos brazos a medición realizarase na coxa utilizando a arteria poplítea, empregando a mesma técnica descrita, colocando sempre o paciente en decúbito supino.
 
- En cada visita deben facerse como mínimo dúas tomas da PA separadas entre si polo menos 1-2 minutos e facer a media dos valores. Se as primeiras dúas lecturas difiren en máis de 5 mmHg, deberían efectuarse tomas adicionais (ata 4 tomas das que se debe facer a media xuntas).

 

- En pacientes embarazadas, a partir da semana 20 de xestación, débese tomar a TA en decúbito lateral esquerdo ou sentada
 
- Non se empregará o brazo afectado para a toma da tensión arterial:
· Nos pacientes con historia de cirurxía radical na axila.
· Exista lesión, trastorno ou unha intervención cirúrxica no ombreiro, brazo, man, mama ou axila.
· Cando ten canalizada unha vía intravenosa na dita extremidade.
· Cando teña unha fístula arteriovenos.
 
- Débese tomar na coxa cando:

 

· Sexa imposible tomar a TA nos brazos por queimaduras, traumatismos ou amputacións.
Tamén se o paciente ten canalizada unha vía intravenosa.
· Necesítase comprobar se a TA é igual en ambas as dúas coxas.
· Para comparala coa medida da TA no brazo ante a sospeita de coartación aórtica ou outros trastornos cardiovasculares.
- Non debe medirse na coxa (medicións na arteria poplítea):
· Exista lesión, trastorno ou intervención cirúrxica na cadeira, xeonllo, nocello ou pé.
· Cando ten canalizada unha vía intravenosa na dita extremidade.


- Non debe medirse se o paciente ten unha vendaxe grosa en calquera parte da extremidade.

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
  •  
  •  
  •  
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio