Pulso (Frecuencia Cardíaca)

0 comentarios comentarios

Pulso (Frecuencia Cardíaca)

Actualización 2021

A protocolización dos coidados confórmase como instrumento indispensable de soporte para a práctica clínica. Entre as súas numerosas vantaxes cabe destacar a redución na diversidade inapropiada da práctica clínica, o que lles propicia unha atención máis xusta e equitativa aos nosos pacientes. Unifican, así mesmo, criterios de actuación que nos serven de punto de partida para unha avaliación da calidade do proceso asistencial. 


A toma da frecuencia cardíaca é unha técnica que se emprega para a valoración xeral dun individuo tanto en atención primaria como en Hospitalaria. 

O uso de monitores permítenos controlar as funcións vitais e complementar a función da enfermería. A monitorización non sempre implica gravidade senón a necesidade dun control exhaustivo das funcións vitais. 

Algúns estudos realizados en poboacións sas así como en pacientes hipertensos, con cardiopatía isquémica ou con insuficiencia cardíaca, demostran unha asociación entre a FC elevada e un maior risco de mortalidade. Segundo isto, canto maior é a FC, menor é a expectativa de vida. 

Tes mais información sobre o procedemento nos distintos apartados da información asociada .


AUTORAS: 
  • Martínez López M.ª Ángeles, enfermeira, Hospital Público de Monforte. AS Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos. 
  • Pérez Rodríguez M.ª Teresa, enfermeira, Hospital Público de Monforte. AS Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos. 
  • Hermida Coto Raquel, enfermeira, Hospital Público de Monforte. AS Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos. 
  • Vázquez Martínez, Ana Isabel, enfermeira, Hospital Público da Mariña. AS Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos. 

REVISORAS: 
  • Maria Sabater Sánchez, enfermeira, AS A Coruña e Cee. 
  • Eva Suarez Fontaíña, enfermeira, AS A Coruña e Cee. 
  • Josefina Amor Cambón, enfermeira, AS A Coruña e Cee. 
  • Dolores Varela Tomé, enfermeira, AS A Coruña e Cee. 
  • Ana Mª Meizoso Ameneiro, enfermeira, Área Sanitaria Ferrol.

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
  •  
  •  
  •  
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde