0 comentarios comentarios

Procedemento TA

.

1. Comprobar a identidade do paciente, segundo o procedemento de aplicación no Servizo Galego de Saúde.
2. Respectar a intimidade do enfermo e gardar confidencialidade dos seus datos.
3. Informar o paciente e/ou o coidador principal do procedemento que se vai realizar e solicitarlle a súa colaboración, se é posible, recalcar a súa utilidade, usar unha linguaxe comprensible e resolver as súas dúbidas e temores. No caso de pacientes pediátricos explicarlle o procedemento aos pais. (Grao B).
4. Solicitar o seu consentimento de forma verbal, sempre que sexa posible.
5. Identificar os profesionais sanitarios que van intervir no procedemento.
6. Realizar hixiene de mans con solución hidroalcohólica segundo procedemento.
7. Limpar os auriculares do fonendoscopio con alcol 70º. Seleccione o tamaño do manguito segundo a circunferencia do brazo do paciente.Medidas manguito.pdfMedidas manguito.pdf
8. Colocar o paciente sentado ou tombado: sentado comodamente, coas costas apoiadas (posición recomendada para as tomas habituais) ou ben tombado, evitar cruzar as pernas e poñer o brazo onde se vaia medir a PA apoiado, sen roupa que o comprima, coa palma da man cara a arriba e á altura do corazón (canto máis elevado estea o brazo menores son as cifras de presión arterial sistólica [PAS] e diastólica [PAD] obtidas; acontece o contrario se o brazo está por debaixo do corazón).
9. Toma da TA: 
A. MÉTODO AUSCULTATORIO
· Localizar a arteria braquial por palpación ao longo da cara interna do brazo.
Colocar o manguito co centro da cámara coincidindo coa arteria e co seu bordo inferior 2-3 cm por encima do pregue do cóbado para deixar libre a fosa antecubital.
· Colocar a zona da membrana do fonendoscopio enriba da arteria sen premela porque pode alterar ou suprimir o pulso. Nunca introducir o fonendoscopio debaixo do manguito.
· Pechar a válvula do esfigmomanómetro e inchar o manguito ata que a presión rexistrada polo esfigmomanómetro supere uns 20-30 mm Hg a presión sistólica estimada, o que se recoñece pola desaparición do pulso radial.
· O desinchado farase a unha velocidade uniforme duns 2 mm Hg por segundo ou latexo cardíaco (se consegue maior rapidez pode producirse unha infraestimación da PAS e unha sobrevaloración da PAD). Observar onde está situada a agulla do manómetro cando se escoite o primeiro latexo seguido doutros dous iguais, corresponde á TA sistólica (Fase I De Korotkoff) e cando deixen de escoitarse os latexos ou se perciba un cambio de ton considerable, corresponde á TA diastólica (FASE V de Korotkoff).
Continuar o desinchado controlado ata un valor de 20 mm Hg por debaixo da presión sistólica, o que eliminará a posibilidade dun intervalo de silencio.
 
B. MÉTODO OSCILOMÉTRICO
· Colocar o manguito desinchado no brazo 2 cm por encima da fosa anterocubital e evitar apertar fortemente este, porque pode alterar os valores tensionais.
· Palpar a arteria braquial/umeral e colocar a zona de medición do manguito sen premelo porque pode alterar ou suprimir o pulso da arteria.
· Iniciar a medición seguindo o manual do aparello dispoñible.
10. Retirar o manguito cando estea completamente desinchado.
11. Deixar o paciente en posición cómoda.
12.  Realizar lavado rutineiro de mans segundo procedemento.
13. Gardar o equipo axeitadamente, desinfectando os auriculares e a campá do fonendoscopio con alcol de 70º.

 

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
  •  
  •  
  •  
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio