Comprobar a identidade do paciente, segundo
o procedemento de aplicación no Servizo Galego de Saúde.
Identificarnos con nome e apelidos.
Respectar a intimidade do enfermo e gardar
confidencialidade dos seus datos.
Informar o paciente e/ou o coidador principal
do procedemento que se vai realizar (Grao C) e
solicitarlle a súa colaboración, se é posible, recalcar a súa
utilidade, usar unha linguaxe comprensible e resolver as súas
dúbidas e temores. No caso de pacientes pediátricos explicarlle o
procedemento aos pais (Grao B).
Solicitar o seu consentimento (Grao C) de forma verbal, sempre que sexa posible.
Identificar os profesionais sanitarios que
van intervir no procedemento.
Comprobar que as condicións do paciente se
corresponden co tipo de determinación indicada: basal, preprandial
ou posprandial.
Colocar o paciente confortablemente
(sedestación ou decúbito).
Verificar a limpeza e o funcionamento
correcto do glicómetro, a data de caducidade das tiras reactivas e
que estas se correspondan co modelo do glicómetro que se vai
utilizar (Nivel IV).
Hixiene de mans (Nivel I).
Colocar as luvas.
Seleccionar a zona de punción (evitar as
zonas avermelladas, deformadas ou con cicatrices) zona lateral da
xema dos dedos ou lóbulo da orella. En lactantes e en neonatos a
zona de elección é o talón quentado previamente (Nivel IV).
Asegurarse de que a zona de punción estea
limpa e seca. Se é preciso, lavar con auga morna (Nivel IV).
Cargar o sistema automático de punción.
Colocar a tira reactiva no medidor.
Favorecer fluxo sanguíneo na zona
seleccionada, dando unha lixeira masaxe desde a base ata a punta do
dedo (Nivel IV).
Picar cunha traxectoria rectilínea a zona
elixida. O dispositivo de punción e o lateral do dedo formarán un
ángulo de 90º.
Desbotar a primeira gota e cando teña unha
gota suficiente, colocala sobre a área reactiva da tira (a
absorción é por capilaridade).
Premer cunha gasa a zona de punción (Nivel
IV).
Esperar o tempo fixado por cada medidor para
obter o resultado.
Retirar a tira reactiva e apagar o medidor
se é preciso.
Desbotar o material e limpar o glicómetro
seguindo as recomendacións do fabricante.
Retirar e desbotar as luvas.
Hixiene de mans.
Rexistrar o resultado.