Procedemento Glicemia Capilar

0 comentarios comentarios

Procedemento Glicemia Capilar

.

  1. Comprobar a identidade do paciente, segundo o procedemento de aplicación no Servizo Galego de Saúde.

  2. Identificarnos con nome e apelidos.

  3. Respectar a intimidade do enfermo e gardar confidencialidade dos seus datos.

  4. Informar o paciente e/ou o coidador principal do procedemento que se vai realizar (Grao C) e solicitarlle a súa colaboración, se é posible, recalcar a súa utilidade, usar unha linguaxe comprensible e resolver as súas dúbidas e temores. No caso de pacientes pediátricos explicarlle o procedemento aos pais (Grao B).

  5. Solicitar o seu consentimento (Grao C) de forma verbal, sempre que sexa posible.

  6. Identificar os profesionais sanitarios que van intervir no procedemento.

  7. Comprobar que as condicións do paciente se corresponden co tipo de determinación indicada: basal, preprandial ou posprandial.

  8. Colocar o paciente confortablemente (sedestación ou decúbito).

  9. Verificar a limpeza e o funcionamento correcto do glicómetro, a data de caducidade das tiras reactivas e que estas se correspondan co modelo do glicómetro que se vai utilizar (Nivel IV).

  10. Hixiene de mans (Nivel I).

  11. Colocar as luvas.

  12. Seleccionar a zona de punción (evitar as zonas avermelladas, deformadas ou con cicatrices) zona lateral da xema dos dedos ou lóbulo da orella. En lactantes e en neonatos a zona de elección é o talón quentado previamente (Nivel IV).

  13. Asegurarse de que a zona de punción estea limpa e seca. Se é preciso, lavar con auga morna (Nivel IV).

  14. Cargar o sistema automático de punción.

  15. Colocar a tira reactiva no medidor.

  16. Favorecer fluxo sanguíneo na zona seleccionada, dando unha lixeira masaxe desde a base ata a punta do dedo (Nivel IV).

  17. Picar cunha traxectoria rectilínea a zona elixida. O dispositivo de punción e o lateral do dedo formarán un ángulo de 90º.Imaxe 2.JPG
                

  18. Desbotar a primeira gota e cando teña unha gota suficiente, colocala sobre a área reactiva da tira (a absorción é por capilaridade). Imaxe 3 e 4.JPG

  19. Premer cunha gasa a zona de punción (Nivel IV).

  20. Esperar o tempo fixado por cada medidor para obter o resultado. Imaxe 5.JPG

  21. Retirar a tira reactiva e apagar o medidor se é preciso.

  22. Desbotar o material e limpar o glicómetro seguindo as recomendacións do fabricante.

  23. Retirar e desbotar as luvas.

  24. Hixiene de mans.

  25. Rexistrar o resultado.

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
  •  
  •  
  •  
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde