Glicemia capilar.

0 comentarios comentarios

Glicemia capilar.

Actualización 2021

O control da glicemia capilar é o procedemento polo que se determina o nivel de glicosa en sangue a través de dispositivos portátiles (glicómetros) que permiten obter o valor da glicemia a partir dunha gota de sangue capilar, con exactitude e precisión aceptables. 


Coñecer o nivel de glicosa no sangue pode ser moi eficaz para o diagnóstico e control de determinadas enfermidades, coma a diabetes, así como para detectar eventos de hipo/ hiperglicemia. 

O tratamento da diabetes ten como obxectivo terapéutico o adecuado control da glicemia, polo que a vixilancia deste parámetro é unha medida fundamental no seguimento clínico dos pacientes, para evitar as complicacións evolutivas e as descompensacións agudas. 

Unha técnica pouco coidadosa pode provocar erros diagnósticos importantes que atrasen o diagnóstico e tratamento, poñendo en risco a seguridade dos pacientes. Este procedemento pretende documentar as accións para a realización correcta da toma de mostra capilar para determinar a glicosa. 

Tes mais información sobre o procedemento nos distintos apartados da información asociada. 

AUTORAS: 
  • María Álvarez Larrán. Enfermeira. Centro Saúde Rosalía Castro. Área Sanitaria Vigo. 
  • Begoña Fariñas Lorenzo. Enfermeira U. Calidade Área Sanitaria Vigo. 
  • Clara González Formoso. Enfermeira. U. Calidade Área Sanitaria Vigo. 
  • Concepción López Meléndez. Enfermeira. Área Sanitaria Vigo. 
  • Begoña Rodríguez Graña. Enfermeira Centro Saúde Rosalía Castro. Área Sanitaria Vigo. 
  • Carmen Soto Davila. Enfermeira. Centro Saúde Nicolás Peña. Área Sanitaria Vigo. 
  • Belén Vázquez Pacheco. Enfermeira. Área Sanitaria Vigo. 
​REVISORAS: 
  • ​Ana Mª Gómez Gómez. Enfermeira. Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras. ​
  • Mª Carmen Méndez de León. Enfermeira. Unidade Calidade. Área sanitaria de Vigo. 
  • Andrea Pérez Dinamarca. Enfermeira. Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras. 
  • Miriam Vázquez Campo. Enfermeira. Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras. 
  • Ana Vázquez Martínez. Enfermeira. Supervisora de Calidade do Hospital de A Mariña. Área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos. 
  • Lidia Campos Chan. Enfermeira. Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
  •  
  •  
  •  
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde