Obxectivo xeral:
Unificar e coordinar as actuacións na administración de medicamentos por vía oftálmica.
Obxectivos específicos:
Administrar con seguridade os fármacos a través da vía oftálmica.
Empregar unha técnica aséptica para a administración dos fármacos vía oftálmica.
Prever posibles complicacións derivadas da administración de fármacos por vía oftálmica.
Proporcionar os coñecementos necesarios para aplicar correctamente colirios e pomadas oftálmicas, con fins diagnósticos, profilácticos e/ou terapéuticos.
Educar a pacientes e familia respecto á correcta administración de medicamentos por vía oftálmica.
Diagnósticos de enfermería relacionados:
Diagnósticos NANDA
00004 Risco de infección.
00035 Risco de lesión.
00126 Coñecementos deficientes.
00132 Dor aguda.
00133 Dor crónica.
00161 Disposición para mellorar os coñecementos.
00182 Disposición para mellorar o autocoidado.
00219 Risco de sequidade ocular.
00245 Risco de lesión corneal.
00248 Risco de deterioro da integridade tisular.
00276 Autoxestión ineficaz da saúde.
00277 Autocoidado ineficaz do ollo seco.
00293 Disposición para mellorar a autoxestión da saúde.