0 comentarios comentarios

Ventilación mecánica non invasiva

Hai evidencias de que a VMNI reduce a necesidade de intubación endotraqueal e acurta a estancia hospitalaria, tanto na unidade de coidados intensivos (UCI) coma nas salas de hospitalización.

 
Este protocolo pretende proporcionar os coñecementos adecuados para o manexo e a atención a pacientes con VMNI, xa que a utilización dun dispositivo artificial para lle axudar ao paciente a conseguir un adecuado intercambio gasoso ten consecuencias na función respiratoria e a nivel hemodinámico ao orixinarse unha ventilación mecánica diferente á ventilación espontánea, polo que é necesario que o persoal de enfermería teña un adecuado coñecemento e manexo na atención a pacientes con VMNI.

O emprego da ventilación mecánica non invasiva no tratamento da insuficiencia respiratoria aguda e crónica incrementouse nos últimos 15 anos.

 Na actualidade, hai evidencias de que a VMNI reduce a necesidade de intubación endotraqueal e acurta a estancia hospitalaria, tanto na unidade de coidados intensivos (UCI) coma nas salas de hospitalización. Vantaxes.pdfVantaxes.pdf
Nos casos seleccionados, reduce a mortalidade en pacientes con insuficiencia respiratoria de pacientes cunha exacerbación de enfermidade pulmonar obstrutiva crónica (EPOC), edema agudo de pulmón e inmunodeprimidos.
Os grupos de consenso estableceron recomendacións no sentido de que a VMNI debe considerarse a modalidade de primeira elección no tratamento de pacientes con descompensación da EPOC e aconsellan a súa dispoñibilidade en todos os hospitais que atenden estes pacientes.
Tes mais información sobre o procedemento nos distintos apartados da información asociada.

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
  •  
  •  
  •  
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio