1. Comprobar a identidade do paciente, segundo o procedemento de aplicación no Servizo Galego de Saúde.
2. Respectar a intimidade do enfermo e gardar a confidencialidade dos seus datos.
3. Informar o paciente e/ou o coidador principal do procedemento que se ha realizar e, se é posible, solicitarlle a súa colaboración, usando unha linguaxe comprensible e resolvendo as súas dúbidas e temores. No caso de pacientes pediátricos, explicarlles o procedemento aos pais (grao B) (nivel de evidencia III).
4. Solicitar o seu consentimento de forma verbal, sempre que sexa posible.
5. Identificar os profesionais sanitarios que van intervir no procedemento.
6. Comprobar alerxias do paciente.
7. Comprobar a prescrición médica da terapia.
8. Realizar a hixiene das mans.
9. Preparar o equipo necesario para a instauración da VMNI, na modalidade indicada (CPAP o BIPAP), tanto do ventilador mecánico e das súas partes coma dos equipos auxiliares, e os distintos elementos propios de cada modelo, seguindo as indicacións de uso recomendadas polo fabricante.
10. Valorar os posibles problemas respiratorios do paciente:
Monitorice o paciente: FC, FR, PA, Sat. O2, T.ª, se se precisa.
Comprobe e asegúrese da permeabilidade das vías aéreas aspirando secrecións e retirando obxectos que poidan comprometer a permeabilidade destas (próteses dentais etc.).
11. Colocar o paciente na posición adecuada; posición Fowler (45º) ou de semifowler (35º) (diversos estudos afirman que esta posición reduce o número de pneumonías asociadas ao respirador en pacientes con IOT e respiración mecánica) para facilitar o traballo respiratorio e diminuír o risco dunha posible aspiración.
12. Valorar a hidratación das mucosas e aplicar solución hidratante nos labios (débense evitar vaselinas ou cremas oleosas polo risco de “queimaduras” ao entrar en contacto co O2), no nariz e na mucosa nasal, especialmente se se utiliza a máscara facial como interfase.
13. Colocar preferentemente un apósito polimérico ou, no seu defecto, un hidrocoloide en zonas de presión (o arco nasal, a fronte, a zona malar etc.).
14. Colocar a interfase ou máscara correspondente:
15. Colocar a máscara sen exercer presión.
16. Acender o ventilador.
17.Situar o arnés pola parte posterior da cabeza, co ventilador mecánico funcionando, ir axustando ata que a máscara quede ben axustada e estable, pero procurando que non quede apertada de máis.
18. É moi importante unha adecuada elección da interfase, débese elixir coidadosamente e de forma individualizada. A gran variedade de interfases existentes no mercado permítenos esta individualización, e buscar un equilibro entre a comodidade do paciente e a administración do tratamento ventilatorio. A maior parte dos dispositivos inclúen un medidor da cavidade oronasal para a adecuada elección da interfase. En lactantes e neonatos, e para evitar fugas pola boca, hai que colocar o chupete cando se use a CPAP nasal.
19. Axustar os parámetros ventilatorios no respirador segundo a situación do paciente, baixo prescrición facultativa. Axustar os parámetros ventilatorios no respirador segundo a situación do paciente, baixo prescrición facultativa.
20. Observar e valorar os signos de boa adaptación do paciente ao dispositivo, así como a melloría do seu estado respiratorio, do esforzo para respirar e da diminución da dispnea (loita co respirador, ansiedade, cianose, nivel de conciencia…).
21. Fixar alarmas.
22. Poñer e controlar a pulsioximetría, se se precisa.
23. Deixar o paciente en posición cómoda e adecuada, de xeito que se lle permita acceder facilmente ao timbre de chamada e aos obxectos persoais.
24. Facilitar a comunicación, proporcionándolle medios de escritura ou elementos visuais a través de taboleiros, cadernos...
25. Garantir a comunicación co persoal sanitario e coa familia, especialmente no caso de nenos, persoas que non falen o mesmo idioma...
26. Recoller o material.
Limpeza.pdf
27. Realizar o lavado de mans.