Procedemento para a extracción de sangue por vía venosa

0 comentarios comentarios

Procedemento para a extracción de sangue por vía venosa

.

1. Comprobar a identidade do paciente, segundo o procedemento de aplicación no Servizo Galego de Saúde, e comprobar que os seus datos corresponden co volante de petición e as etiquetas que identificarán os tubos.
2. Respectar a intimidade do enfermo e gardar confidencialidade dos seus datos.
3. Informar o paciente e/ou o coidador principal do procedemento que se vai realizar e solicitarlle a súa colaboración, se é posible, recalcar a súa utilidade, usar unha linguaxe comprensible e resolver as súas dúbidas e temores. No caso de pacientes pediátricos explicarlles o procedemento aos pais (Grao B).
4. Solicitar o seu consentimento de forma verbal, sempre que sexa posible.
5. Identificar os profesionais sanitarios que van intervir no procedemento.
6. Comprobar as alerxias do paciente.
7. Comprobar que o paciente seguiu a preparación indicada: xaxún....
8. Colocar o paciente en posición adecuada/cómoda (sentado ou en decúbito supino) cobrazo elixido para a punción en hiperextensión, nunca realizar a extracción co paciente de pé. En nenos realizarase preferentemente en padiola/cama, para facilitar suxeición/ inmobilización da zona por parte do persoal e/ou familiar.
9. Realizar hixiene das mans con solución hidroalcoholica (categoria IA) (nivel de evidencia I).
10. Poñer luvas non estériles.
11. Seleccionar a zona de punción na que se realizará a punción venosa tendo en conta o calibre e mobilidade da vea.
12. Colocar o compresor de vea 7 ou 8 centímetros por enriba da zona de punción elixida durante un tempo non superior a un minuto (nivel III). Pedir ao paciente que manteña o puño pechado se é posible.
13. Aplicar solución antiséptica (clorhexidina 2 % ou alcohol 70 %) e deixar secar (nivel I)
14. Puncionar a vea con ángulo de 20º o 30º.
15. Introducir os tubos de baleiro na campá de extracción, seguindo a orde recomendada, e premer co polgar ata perforar o tapón do tubo o que fluirá o sangue. É aconsellable afrouxar o compresor durante a enchedura dos tubos para evitar hemoconcentración.
16. Encher os tubos ata a marca indicativa.
17. Homoxeneizar os tubos con anticoagulante (mesturar suavemente invertendo o tubo) inmediatamente despois da extracción para evitar alteracións na mostra sanguínea.
18. Pedir ao paciente que abra o puño.
19. Retirar o compresor.
20. Retirar o equipo de punción, accionando o sistema de seguridade si dispón del, desbotalo no contedor correspondente.
21. Premer na zona de punción con celulosa protectora durante varios segundos e suxeitar con esparadrapo/apósito, indicarlle ao paciente/familia que prema a zona durante uns minutos (3 a 5 minutos) mantendo o brazo estendido.
22. Identificar os tubos correctamente.
23. Cubrir o rexistro co nome e sinatura da enfermeira.
24.  Seguir as instrucións do centro para o correcto envío das mostras ao laboratorio.
25. Quitar as luvas.
26. Realizar hixiene de mans segundo protocolo (categoria IA) (nivel de evidencia I).
27. Asegurarse de que o paciente se encontra ben tras a extracción da mostra.

 

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
  •  
  •  
  •  
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde