Retirada do catéter

0 comentarios comentarios

Retirada do catéter

 

  1. Lavar as mans hixienicamente ou desinfectalas con solución hidroalcohólica.

  2. Colocar luvas no estériles.

  3. Mobilizar o catéter cunha man e coa outra retirar o apósito e o sistema de fixación.

  4. Retirar os apósitos, procurando no producir excesivas molestias, para o cal si se encontra moi adherido procederemos a humedecelos.  

  5. Aplicar na zona de punción un antiséptico adecuado (clorhexidina ou povidona) e deixar secar.

  6. Retirar o catéter con suavidade, observar que esta íntegro e deposítelo directamente no contedor biolóxico axeitado.

  7. Aplicar presión sobre a zona de punción cunha gasa estéril impregnada en antiséptico no punto de punción durante 3-5 minutos aproximadamente. Se o paciente está anticoagulado ou ten problemas de coagulación, comprimir durante 10 minutos.

  8. Comprobado que a zona non sangra, cubrir cun apósito ou gasa estéril.

  9. No caso de que se precise recoller a punta do catéter para cultivo por presenza de signos de flebite bacteriana, utilizar luvas estériles, limpar a zona de inserción, sen empregar antiséptico, con gasa estéril seca, retirar o catéter e recoller a punta do catéter e a conexión para cultivo en contedor estéril apropiado, e identificar a mostra para o seu envío ao laboratorio correspondente.

  10. Desbotar as luvas e realizar lavado hixiénico de mans ou desinfección con solución hidroalcohólica (30 segundos).

  11. Trala retirada valorar a aplicación dun tratamento local en aqueles casos nos que se aprecie signos inflamatorios, extravasación, hematomas, etc.

  12. Anotar no rexistro de coidados: fecha, hora e motivo da retirada do catéter.​

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde