Cura e mantemento da vía intravenosa

0 comentarios comentarios

Cura e mantemento da vía intravenosa

Cura y mantenimiento de la vía intravenosa

  • Avaliar cada 24h (e sempre que se considere necesario) o punto de inserción para previr infeccións e complicación asociadas o catéter.

  • Documentar se é necesario seguir mantendo o catéter.(recomendación de boa práctica)

  • Sobre tapóns con válvulas de acceso sen agulla: minimizarase o risco de contaminación limpando o acceso con alcohol de 70º, clorhexidina ou povidona iodada, accedendo só con material e dispositivos estériles. (Categoría IA)

     
  • Por norma xeral, substituír o apósito cando se observa sucio, mollado ou despegado.(Calidad Baja)

  • Non utilizar cremas con antibióticos no sitio de punción xa que poden favorecer as infeccións fúnxicas e a resistencia antimicrobiana.

  • Evitar somerxer o catéter. O paciente poderase duchar colocando un protector impermeable que cubra o sitio de inserción e as conexións .

  • Comprobar a permeabilidade da vía con soro fisiolóxico 0,9% antes de iniciar a perfusión ou administración directa dun fluído e despois de cada uso. (Recomendación moderada)

  • Para o lavado/selado do catéter, introducir un bolo de soro fisiolóxico en cantidade suficiente para cubrir o dobre do calibre do catéter e mais o reservorio do tapón/chave de tres vías. Aconséllase un volume mínimo de 10ml (tras cada uso intermitente do catéter), sendo esta cantidade maior tras unha transfusión ou por unha toma de mostra de sangue.(Recomendación moderada)

  • Se o lavado con SF e incompatible coa medicación a administrar, pódese utilizar soro glucosado o 5%.(Recomendación moderada)

  • ​No caso de extravasación, deter o fluxo e proceder a retirar o catéter. Ademais hai que actuar segundo o protocolo de extravasación da unidade dependendo do tipo de medicación extravasada.

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
  •  
  •  
  •  
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde