0 comentarios comentarios

Retirada do PICC

 

  1. Colocar o paciente deitado ou en semi-Fowler e o brazo apoiado e estendido máis baixo que a altura do corazón.

  2. Retirar o apósito e extraer suavemente o catéter. No caso de notar resistencia, podería deberse a un espasmo venoso polo que se debe esperar e aplicar calor na zona. Unha vez que a vea estea dilatada e relaxada volver intentalo.

  3. Mentres se extrae, aplicar presión na zona de inserción do catéter no vaso cunha gasa impregnada en antiséptico (ter en conta que se o catéter está tunelizado, a inserción do catéter no vaso non coincide co punto de saída ao exterior).

  4. Ocluír con apósito estéril.

  5. Comprobar que se extraeu por completo. Na tarxeta de seguimento do paciente estará rexistrada a lonxitude exacta dese PICC.

  6. Se o catéter non está completo, realizar unha radiografía de tórax para localizar a parte do catéter desprendida e avisar a Radioloxía Intervencionista.​

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
  •  
  •  
  •  
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio