Procedemento. Canalización vía venosa periferica

Procedemento. Canalización vía venosa periferica

Procedemento: elección da vía e procedemento de canalización

  1. Comprobar a identidade do paciente, segundo o procedemento de aplicación no Servizo Galego de Saúde.

  2. Respectar a intimidade do enfermo e gardar confidencialidade dos seus datos.

  3. Informar o paciente e/ou o coidador principal do procedemento que se lle vai realizar e solicitarlle a súa colaboración, se é posible, recalcar a súa utilidade, usar unha linguaxe comprensible e resolver as súas dúbidas e temores. No caso de pacientes pediátricos explicarlle o procedemento aos pais.

  4. Solicitar o seu consentimento de forma verbal, sempre que sexa posible. Identificar os profesionais sanitarios que van intervir no procedemento.

  5. Comprobar alerxias do paciente no caso de que se administre algunha sustancia pola vea.

  6. Axudar o doente a colocarse en posición axeitada. Elevar a cabeceira da cama, sempre que o estado do doente o permita, ata que o corazón estea por enriba do nivel da vea elixida.

  7. Retirar ao doente os aneis, reloxo, pulseiras, etc.

  8. Asegurarse de que o pixama/camisón e a bata que leva o doente poidan sacarse una vez instaurada a perfusión.

  9. Realizar hixiene de mans con xabón convencional antiséptico e agua, ou con solución hidroalcohólica. (Grado Evidencia Ib)

  10. Preparar todo o material sobre unha base estable e accesible.

  11. Recoméndase aplicar o compresor un mínimo de 10 cm por enriba da zona de inserción nas extremidades. Noutros zonas ou (coiro cabeludo, pes,...) e en neonatos/lactantes sería recomendable premer manualmente.

  12. Seleccionar a zona de inserción e o calibre do catéter.

  13. Cortar (con tesoiras) o pelo na zona de inserción do catéter se fose necesario.

  14. Favorecer a visualización da vea elixida, colocar a extremidade en declive, pedíndolle ao doente que abra e peche o puño ou proporcionándolle unha masaxe no sentido do retorno venoso.

  15. Utilizar anestésico tópico (se é necesario), deixando actuar uns minutos e limpar os posibles restos do anestésico.

  16. Desinfectar a pel antes da inserir o catéter con clorhexidina alcohólica en spray (normalmente a o 2%, deixar actuar 30 segundos). No caso de utilizar tintura de iodo-povidona (xeralmente a o 10%, deixar actuar 3 minutos) ou alcohol de 70º (xeralmente alcohol etílico o 70%, deixar actuar 2 minutos)(7), se a presentación non é en spray farase una desinfección pola técnica de espiral inversa (de dentro a fora). En neonatos e lactantes e recomendable empregar clorhexidina spray <2% (preferentemente o 0,5%).

  17. Novo lavado hixiénico de mans ou desinfección destas con solución hidroalcohólica. Poñer luvas non estériles e evitar tocar con elas o lugar de acceso venoso elixido despois de aplicar o antiséptico.

  18. Coller o catéter de calibre axeitado coa nosa man dominante e fixar a pel da zona que se vai puncionar coa man non dominante. Inserir o catéter con el bisel cara arriba con una mínima angulación (15-30º máximo), segundo a profundidade da vea (Evidencia de grado 4) . Unha vez puncionada a vea, retirar de xeito parcial o fiador do catéter e progresar este cun ángulo lixeiramente menor.

  19. Retirar o compresor, premer enriba do punto de punción para evitar sangrado e retirar o fiador. Desbotar o fiador nun colector de material punzante.

  20. Conectar o tapón con válvula de seguridade, (ou o sistema de infusión se previamente foi montado).

  21. No caso de restos de sangue no lugar da zona de venopunción, limpar e desinfectar con clorhexidina.

  22. Fixar o catéter colocando tiras adhesivas de aproximación (tiras cirúrxicas, sutura cutánea adhesiva, cinta adhesiva estéril, apósito de poliuretano modificado o dispositivos de fixación específicos)(Evidencia D)(5), sen realizar ningún tipo de garabata arredor da cánula e deixando visible o punto de punción.

  23. Protexer a zona cun apósito transparente de poliuretano (primeira opción) (Recomendación forte) ou apósito de tecido (sobre todo nos casos de humidade ou alerxia o poliuretano). (Recomendación de boa práctica)(3)

  24. Facer lavado da vía con 10 ml. de soro fisiolóxico. (Recomendación de boa práctica, evidencia moderada)  se non se vai administrar medicación nese intre.

  25. Instruír o paciente sobre os movementos e coidados que pode realizar para non comprometer a viabilidade da vea e o catéter.

  26. Advertir o paciente que comunique calquera anomalía que perciba no lugar de inserción.

  27. Recoller e desbotar o material no punzante no biocontedor apropiado.

  28. Retirar as luvas e realizar lavado hixiénico de mans ou ben desinfección destas con solución hidroalcohólica (30 segundos).

  29. Rexistrar o procedemento realizado. (Recomendación débil)

  30. Nos doentes pediátricos seguirase o mesmo procedemento. E recomendable protexer o catéter cunha férula en neonatos e lactantes.



Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde