0 comentarios comentarios

Obxectivos e diagnósticos enfermería. Coidados PICC

 OBXECTIVOS
 

Obxectivo xeral

 
Definir e estandarizar as accións necesarias para levar a cabo uns coidados seguros, eficaces e eficientes dos pacientes portadores dun PICC.

 

Obxectivos específicos

     
  1. Manter o catéter permeable e en óptimas condicións para o seu uso seguro.

     
  2. Previr a aparición de complicacións como infección, tromboembolismos, obstrucións ou extraccións accidentais.

     
  3. Coñecer as técnicas de lavado, selaxe e desobstrución dun PICC.

     
  4. Coñecer as técnicas de extracción sanguínea e administración de fármacos, contrastes ou hemoderivados a través do PICC.

     

    DIAGNÓSTICOS DE ENFERMERÍA RELACIONADOS

     

    Diagnósticos NANDA

     

    00004: Risco de infección

    00044: Deterioración de integridade tisular

    00047: Risco de deterioración da integridade cutánea

    00132: Dor aguda

    00213: Risco de traumatismo vascular

    00118: Trastorno da imaxe corporal

    00148: Temor

     
 

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
  •  
  •  
  •  
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio