Comprobacións previas:
-Presentarse ao paciente.
-Comprobar inequivocamente a identidade do paciente, segundo o procedemento de aplicación no Servizo Galego de Saúde.
-Respectar a intimidade do enfermo e gardar confidencialidade dos seus datos.
-Informar o paciente e/ou o coidador principal do procedemento que se vai realizar e solicitarlle a súa colaboración, se é posible. Usar unha linguaxe comprensible e resolver as posibles dúbidas e temores.
-Solicitar o seu consentimento de forma verbal, sempre que sexa posible.
-Identificar os profesionais sanitarios que van intervir no procedemento.
-Comprobar a existencia de alerxias.
-Realizar a hixiene das mans segundo o procedemento de aplicación no Servizo Galego de Saúde.
-Colocar o paciente na postura adecuada: sentado ou deitado en semi-Fowler, brazo afecto estendido, separado do corpo.
Realizar hixiene de mans e colocación de luvas non estériles (CDC 2011; grao de recomendación IB).
Recoméndase colocarlles a máscara cirúrxica ao paciente e ao persoal que realice a técnica.
Hixienización das mans (CDC 2011; grao de recomendación IB) e colocación de luvas estériles.
Apertura de pano estéril e montaxe de campo con todo o material necesario.
Desinfectar a zona con antiséptico de elección.
Desconectaremos e desbotaremos fóra do campo o tapón bioconector, e usaremos unhas gasas, e manteremos o clamp externo pechado.
Desinfectar a cabeza aberta do PICC con clorhexidina ao 2 % con alcohol isopropílico a 70º ou alcohol isopropílico a 70º.
Comprobar permeabilidade da luz aspirando ata observar refluxo mínimo. Non se refuga o sangue do interior do catéter, xa que se debe enviar a analizar (INS 2016, grao II).
Conectar campá de extracción con adaptador.
Aplicar os frascos de mostras necesarios.
Clampar se procede e retirar a campá.
Lavar con 20 ml de SSF con técnica push-stop–push, clampaxe a presión positiva (INS 2016, grao IV).
Colocar un novo tapón bioconector.
15.Reiniciar perfusións. En caso de uso intermitente, tras o lavado, pódese selar con heparina sódica.