Desenvolvemento do procedemento

1 comentarios comentarios

Desenvolvemento do procedemento

 1. Comprobacións previas.

 2. Posición do brazo. Poñer o brazo en ángulo de 90º, de xeito que o paciente estea cómodo, nunha cama plana ou con cabeceiro elevado lixeiramente. O brazo debe estar máis baixo da altura do corazón (para dificultar o retorno do sangue e evitar a embolia gasosa).

Elección da vea.  3. Elección da vea.  Tras a identificación ecográfica das principais estruturas vasculares e nerviosas do brazo, por exemplo seguindo o protocolo RaPeVa (Rapid Peripheral Venous Assesment). Medir a ratio catéter/vea, sempre sen compresor, e cun rotulador sinalar o punto de punción elixido, que estará situado, preferiblemente, na zona verde de Dawson (ZIM)

Eco.png

Protocolo Repra.JPG

ZIM Dawson.JPG

 4.
Métodos máis fiables de medición da lonxitude do catéter.

  • Medir coa fita métrica a lonxitude que debe ter o catéter, desde o punto marcado (na zona verde ZIM) ata a liña media clavicular e desta ao 3.º espazo intercostal paraesternal dereito (onde está situada anatomicamente a vea cava superior). Ao medir é mellor engadir 2 cm xa que é moi importante que quede ben situado nas inmediacións da unión cavo-atrial.
  • OCADO: medir desde o punto inserción ata a unión esterno-clavicular do mesmo lado, sumando 10 cm se é o brazo dereito ou 15 se é o brazo esquerdo.

 

Localización.png
 

 

 

5. Elección do PICC en función do calibre do vaso elixido, do número de luces necesarias e das características técnicas necesarias.5. Elección do PICC en función do calibre do vaso elixido, do número de luces necesarias e das características técnicas necesarias.

6. Preparación do pacientePreparación do paciente

  • Lavado do brazo con xabón de clorhexidina e aclarado abundante; secado con compresas estériles (CDC 2011, categoría II).
  • Deixar colocado o compresor no brazo, sen atar, uns 10-15 cm por encima da zona elixida (axudante).
  • Desinfección co antiséptico de elección.

7. Preparación do ecógrafo e do sistema localizador de punta con eléctrodo intracavitario, se dispoñemos del.


Profesional.JPG

 

 

 

Comentarios:
  • avatar Martina dixo:
    xoves, 1 de setembro 2022 ás 21:40
    Excelente contenido. Muy ilustrativo.
Publica o teu comentario
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde