Comprobar a identidade do paciente, segundo o procedemento de aplicación no Servizo Galego de Saúde.
Comprobar que o paciente teña coagulación óptima para a técnica.
Respectar a intimidade do enfermo e gardar confidencialidade dos seus datos.
Informar o paciente e/ou o coidador principal do procedemento que se vai realizar e solicitarlle a súa colaboración, se é posible, recalcar a súa utilidade, usar unha linguaxe comprensible e resolver as súas dúbidas e temores.
Solicitar o seu consentimento de forma escrita, sempre que sexa posible.
Identificar os profesionais sanitarios que van intervir no procedemento.
Comprobar a existencia de alerxias.
Realizar a hixiene das mans.
Colocar o paciente na postura adecuada:
- Postura tradicional: deitado en semi-Fowler, brazo afecto estendido, separado do corpo.
- Postura FERA (flexión e rotación externa do brazo): paciente deitado co brazo en 90º respecto do corpo e o antebrazo en 90º respecto do brazo, rotado externamente 30-45º (apoiado nunha almofada).
Comparativa postura tradicional (superior) vs. postura FERA (inferior)