Comprobacións previas

0 comentarios comentarios

Comprobacións previas

 

  1. Comprobar a identidade do paciente, segundo o procedemento de aplicación no Servizo Galego de Saúde.
  2. Comprobar que o paciente teña coagulación óptima para a técnica.
  3. Respectar a intimidade do enfermo e gardar confidencialidade dos seus datos.
  4. Informar o paciente e/ou o coidador principal do procedemento que se vai realizar e solicitarlle a súa colaboración, se é posible, recalcar a súa utilidade, usar unha linguaxe comprensible e resolver as súas dúbidas e temores.
  5. Solicitar o seu consentimento de forma escrita, sempre que sexa posible.
  6. Identificar os profesionais sanitarios que van intervir no procedemento.
  7. Comprobar a existencia de alerxias.
  8. Realizar a hixiene das mans.
  9. Colocar o paciente na postura adecuada:
    - Postura tradicional: deitado en semi-Fowler, brazo afecto estendido, separado do corpo.
    - Postura FERA (flexión e rotación externa do brazo): paciente deitado co brazo en 90º respecto do corpo e o antebrazo en 90º respecto do brazo, rotado externamente 30-45º (apoiado nunha almofada).

 

Postura FERA.png
Comparativa postura tradicional (superior) vs. postura FERA (inferior)

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde