0 comentarios comentarios

Colocación e coidados da SNG

As sondas nasogástricas úsanse frecuentemente na práctica clínica para o manexo dos pacientes que requiren descompresión do tracto gastrointestinal, para o diagnóstico e a valoración, para o apoio nutricional e para a administración de medicamentos.

​Este procedemento pretende documentar os coidados que se van realizar no paciente portador ou que precisa dunha sonda nasogástrica incorporando a mellor evidencia existente. A súa finalidade é a estandarización dos criterios de actuación e reducir a variabilidade clínica coa incorporación das mellores prácticas na actividade asistencial diaria dos profesionais, e garantir en todo momento a seguridade, confort, así como a continuidade asistencial do paciente en todos os niveis asistenciais.

A inserción da sonda nasogástrica é un procedemento complexo e require dunha gran competencia e experiencia. Os erros de colocación poderían carrexar consecuencias graves. Os investigadores informaron de que nos adultos, os erros de colocación do tubo varían dende un 1,3 ata un 50%.
A valoración da colocación do tubo é un compoñente fundamental dos coidados á hora de reducir ao mínimo os riscos de complicacións relacionadas coa sonda e proporcionar unha seguridade e comodidade óptimas para o paciente.
 
As sondas nasogástricas úsanse frecuentemente na práctica clínica para o manexo dos pacientes que requiren descompresión do tracto gastrointestinal, para o diagnóstico e a valoración, para o apoio nutricional e para a administración de medicamentos.
 
O uso de sondas nasogástricas está asociado con trastornos respiratorios (aspiración pulmonar), gastrointestinais (diarrea, estrinximento, náuseas e vómitos), problemas relacionados coa sonda (traumatismo ou ulceración nasofarínxea, úlceras nasais, oclusión da sonda, desprazamento ou desprendemento da sonda, perforación causada pola sonda) e alteracións metabólicas (deshidratación, alteracións dos niveis de electrólitos).

  

Tes mais información sobre o procedemento nos distintos apartados da información asociada


 

 

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
  •  
  •  
  •  
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio