0 comentarios comentarios

Retirada da SNG

.

RETIRADA DA SONDA NASOGÁSTRICA Retirada SNG.pdfRetirada SNG.pdf

- Identificar e informar o paciente e/ou familia das actividades que imos realizar, explicándolles que ao retirar a sonda se poden producir algunhas molestias no nariz, tose, esbirros ou náuseas. Solicitar a súa colaboración se é posible.
- Manter incorporada a cabeceira da cama 30-40º.
- Cubrir o peito do paciente cunha toalla e proporcionarlle panos desbotables.
- Realizar hixiene de mans e colocar luvas non estériles.
- Desconectar a sonda do sistema de aspiración ou da alimentación, se as houbese.
- Introducir 10 cc de auga na sonda para que non teña contido gástrico ao retirala (en pacientes pediátricos de 3 a 5 cc).
- Pinzar a sonda nasogástrica dobrando o tubo coa man ou ben colocar un tapón.
- Retirar o apósito de fixación con coidado para non lesionar a pel do paciente.
- Se o paciente está consciente pedirlle que inspire profundamente e manteña a respiración mentres se extrae a sonda suavemente e de forma continua. Se o paciente está intubado asegurarse da correcta presión do neumotaponamento antes de retirala. A medida que a retiramos irémola limpando cunha gasa.
- Desbotar a sonda no colector de residuos asimilables a urbanos.
- Limpar calquera resto de esparadrapo que puidese quedar adherido ao nariz cunha gasa impregnada en alcohol de 70º e limpar coidadosamente a fosa nasal cunha gasa humedecida en auga morna, e aplicar lubricante hidrosoluble, se fose preciso.
- Manter o paciente en posición de Fowler uns 30 minutos para previr unha posible broncoaspiración no caso de vómito.
- Recoller e desbotar o material utilizado no colector correspondente.
- Retirar as luvas e realizar a hixiene de mans (lavado de mans rutineiro, segundo procedemento).
 

 

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
  •  
  •  
  •  
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio