Para ter en conta.SNG

.

 

 - Ter en conta as contraindicacións.Contraindicacións.pdfContraindicacións.pdf
- Nos pacientes inconscientes hai que vixiar a posible aparición de cianose, xa que o reflexo de tose pode estar diminuído ou ser inexistente.
- Deixe o procedemento se o paciente presenta signos de angustia.
- Non repita o procedemento máis de 3 veces.
- Algunhas das sondas que se usan actualmente para alimentación son de calibre moi fino (sonda nasointestinal) e levan un mandril ou fiador para guiar a súa introdución.
Neste caso é preciso lubricalas por dentro (xeralmente basta con 5-10 cc de auga) antes de introducilas mobilizando lixeiramente o fiador. Terase presente que, debido ao seu pequeno calibre, moitas veces a comprobación da colocación a través da aspiración resulta imposible porque se colapsa.
- Indicar o paciente como ten que moverse para evitar tiróns e desprazamentos da sonda.
- Informalo das posibles sensacións, máis ou menos desagradables, que pode ter: sequidade de gorxa, dificultade para tragar ou sensación de corpo estraño.
- Debemos utilizar sempre lubricante hidrosoluble porque se disolve, se penetra accidentalmente nos pulmóns, mentres que o lubricante oleoso tipo vaselina non se disolvería e podería provocar complicacións respiratorias (nivel IV).
- En neonatos, a sonda unha vez colocada non se suxeita ó ombreiro para evitar danar a pel.
- Se ao realizar o aspirado gástrico para a comprobación da correcta colocación obtemos contido bilioso ou verdoso, é posible que xa esteamos en duodeno, polo que retiraremos un pouco a sonda e volveremos a comprobala.
- A auscultación da insuflación de aire como método de comprobación da colocación da sonda pode inducir a erros perigosos e carece de fundamento científico. Este método non permite distinguir a colocación da sonda no pulmón, no esófago, no estómago ou no intestino delgado. Tamén son pouco fiables outros métodos como a observación de síntomas respiratorios (tose, incapacidade de falar) ou a colocación do estremo externo da sonda dentro dun vaso para detectar a saída de burbullas de aire. Non se debe utilizar ningunha destas abordaxes como método principal de valoración da colocación correcta da sonda.
- A inspección visual de aspirado e auscultación non son indicadores fiables da colocación correcta e non debe confiarse nelas, (recomendación grado B JBI).
- Todas as radiografías que se lle fagan a un paciente con sonda nasogástrica deben levar especificado que o paciente é portador de sonda.
 

 

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio