Procedemento coidado e manexo do catéter central de inserción periférica (PICC) en adultos

1 comentarios comentarios

Procedemento coidado e manexo do catéter central de inserción periférica (PICC) en adultos

Procedemento editado en 2019

Para facilitar o acceso á información, ofrécese ao persoal sanitario un protocolo baseado na evidencia para o coidado do catéter PICC.​​

Todo paciente que precise dun acceso vascular debe ser sometido a un proceso de valoración proactiva que atenda as condicións persoais, o tipo e a duración prevista do tratamento, co fin de escoller o dispositivo máis axeitado para cada momento. 

Seguindo as recomendacións das guías de práctica clínica máis actuais, baseadas na evidencia científica (BE), relacionadas coa terapia intravenosa e a xestión de todos os accesos vasculares, podemos facer esta elección en función dun algoritmo de actuación.​

 
Algoritmo GAL.JPG

É responsabilidade da enfermería que tras a inserción do dispositivo vascular axeitado o paciente reciba os mellores e máis actuais coidados BE. 

A enfermería debe perseguir a estandarización dos criterios de actuación, de forma que se incorporen as mellores prácticas á nosa actividade enfermeira diaria, e ofrecer uns coidados seguros, eficientes e continuos a todos os ámbitos asistenciais. Para facilitar o acceso á información, ofrécese ao persoal sanitario un protocolo baseado na evidencia para o coidado do catéter PICC.

 Autores PICCC GAL.JPG


Agradecemento a: 
  • Ana Belén Castro Giadans, enfermeira unidade de enfermería 5ºA. 
  • Myriam Martín de la Cruz, Supervisora unidade de enfermería 5ºA. 
  • Oncoloxía-UMAP. Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela. EOXI Santiago​

Comentarios:
  • avatar Carlos Salgado dixo:
    luns, 12 de decembro 2022 ás 13:04
    Necesidad de aclarar la diferencia entre los términos TÉCNICA ASÉPTICA y ESTÉRIL ya que su discrepancia objetivada en literatura SERGAS afecta a la práctica clínica y teórica (exámenes oposición) En la pág 14 de la GUÍA PRÁCITCA DA FERIDA CIRÚRXICA AGUDA Guía nº 6 (SERGAS) y referente a la cura Mölndal se usan de forma diferente y en algunas partes de forma sinónima ambos términos: “b) Método: 1.A cura debe de realizarse por primeira vez en quirófano, con TÉCNICA ASÉPTICA e inmediatamente despois de suturar a ferida cirúrxica; calquera cura sucesiva ou cambio de apósito (se se requirise), debe realizarse tamén con TÉCNICA ESTÉRIL” En la pág 57 de la GUÍA PRÁCTICA DE FERIDAS TRAUMÁTICAS AGUDAS DE PARTES BLANDAS Guía nº 6 (SERGAS) sobre a la técnica Mölndal modificada: “Na técnica Mölndal modificada, do mesmo xeito que na orixinal (…) pero que se aplicaría mediante TÉCNICA ASÉPTICA tras o peche e limpeza da ferida, NON DE FORMA ESTÉRIL e en quirófano, como na técnica orixinal” En el PROCEDEMENTO COIDADO E MANEXO DO CATÉTER CENTRAL DE INSERCIÓN PERIFÉRICA (PICC) EN ADULTOS (FEMORA) pág 16 y según las “RECOMENDACIÓNS SOBRE EQUIPOS DE INFUSIÓN, ALARGADEIRAS E TAPÓNS” dice que “Cambiar o tapón bioconector por un novo (…) a manipulación realizarase con TÉCNICA ASÉPTICA (LUVAS ESTÉRILES E MÁSCARA CIRÚRXICA)” En la página 17 epígrafe “6.5 Recomendacións sobre o uso de luvas” del “PROCEDEMENTO DE CANALIZACIÓN E COIDADOS DA VÍA VENOSA PERIFÉRICA (FEMORA)nos dice que: “TÉCNICA ASÉPTICA e precaucións de barreira durante a colocación e coidado dos CVP: - Usar TÉCNICA ASÉPTICA para a colocación e coidados dos catéteres venosos periféricos - Usar LUVAS NON ESTÉRILES para os efectos de previr a contaminación con sangue cara ao persoal (precaucións estándares) - Utilizar LUVAS NON ESTÉRILES para a inserción de catéteres periféricos, APLICAR TÉCNICA ASÉPTICA (NON VOLVER APALPAR O SITIO QUE SE VAI PUNZAR LOGO DE EFECTUAR ANTISEPSIA DA PEL)”
Publica o teu comentario
  •  
  •  
  •  
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde