3 comentarios comentarios

Coidados do reservorio subcutáneo

Este procedemento pretende documentar os coidados que se lle   van   realizar ao  paciente portador   dun reservorio subcutáneo incorporando a mellor evidencia existente.

Este procedemento pretende documentar os coidados que se lle van realizar ao paciente portador dun reservorio subcutáneo incorporando a mellor evidencia existente. A súa finalidade é a estandarización dos criterios de actuación e reducir a variabilidade clínica coa incorporación das mellores prácticas na actividade asistencial diaria dos profesionais, e garantir en todo momento a seguridade, confort, así como a continuidade asistencial do paciente en todos os niveis asistenciais.

Coa incorporación dos catéteres totalmente implantables na década dos oitenta, as alternativas terapéuticas a través dun acceso venoso vense incrementadas especialmente nos pacientes oncolóxicos, nos enfermos con accesos venosos con dificultade e naqueles que por diferentes motivos requiren nutrición parenteral total. Grazas a esta evolución tecnolóxica, increméntase a calidade de vida dos pacientes tanto pola maior facilidade de uso, como na redución do número de ingresos hospitalarios, mellorando así o balance custe/beneficio.
O mesmo que en calquera outra técnica médico-cirúrxica, non están exentos de complicacións derivadas ben do implante, do emprego ou do mantemento no tempo destes dispositivos.
Polo tanto, para reducir a gran morbilidade e o importante custo sanitario que supoñen as bacteriemias relacionadas co catéter, débense implementar medidas multidisciplinarias destinadas a reducir a incidencia destas complicacións.
A estandarización da técnica de implante e a unificación de criterios á hora de realizar o mantemento destes por parte dos equipos sanitarios, reducirá o número de complicacións, sendo as infeccións unha das causas máis frecuentes (4,9-16,4%, seguida das tromboses (1,1-16,3%), obstrucións (0,1-9,1%), extravasacións (0,9-6,5%) e migracións do catéter (1,3-5,4%).

 

Comentarios:
  • avatar angeles dixo:
    luns, 10 de xuño 2019 ás 18:18
    no me e posible abrir o video de cuidados do reservorio subcutaneo
  • avatar Paula dixo:
    luns, 15 de abril 2019 ás 12:11
    Bo día, non me he posible abrir o pdf de "cuidados do reservorio". Poderían volver poñelo? Grazas
  • avatar Eva Nieto dixo:
    domingo, 7 de abril 2019 ás 17:59
    Boas tardes Intentei consultar varios pdf dos temas que están aquí publicados,e o de "Cuidados do reservorio" foi un dos que non puiden abrir. ¿Poderían revisalos?. Grazas.
Publica o teu comentario
  •  
  •  
  •  
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio