Definición coidados reservorio SC

0 comentarios comentarios

Definición coidados reservorio SC

.

Agulla de punción Gripper: presenta un bisel especial que minimiza a agresión da membrana do contedor. Os calibres van do 19G, 20G e 22G e poden ser rectas, curvas e curvas montadas nunha placa de suxeición que se usa para administrar tratamentos durante un período de tempo e posúe unha alargadera. 

Agulla de punción Huber: agulla con bisel único non perforante para uso nun porto implantable. É precurvada nun ángulo de 90º e as súas aletas de fixación facilitan a inserción da mesma na cámara do porto.

Desoclusión: desobstrución dun catéter venoso central de longa duración mediante a técnica de presión negativa e posterior introdución dun composto fibrinolítico (Uroquinasa). 

Heparina sódica (20 UI/ml): solución inxectable anticoagulante, indicada para realizar a selaxe de catéteres venosos e arteriais (Fibrilín®).

Reservorio (porto ou port-a-cath®): radiopaco e fabricado en titanio ou aceiro inoxidable e polietileno, cunha membrana de silicona autoselante. Esta parte vai conectada a un catéter flexible, cunha ou dúas vías independentes (bicameral), o extremo distal chega a nivel da unión da vea cava superior antes da entrada na aurícula dereita. 

Técnica de lavado push-stop-push con presión positiva: técnica de lavado intraluminal que consiste en instilar soro salino fisiolóxico a emboladas (10 ml o 20 ml), facer pequenas pausas (más o menos cada ml), para xerar turbulencias, e garantir a limpeza das paredes, pechando o clamp simultaneamente á infusión do último mililitro para exercer presión positiva no catéter. 

Uroquinasa: Preparación farmacéutica de urocinasa indicada no tratamento dos procesos tromboembólicos e para a eliminación de depósitos de fibrina. Tamén se utiliza na limpeza de catéteres e tubos de derivación. Administrase por infusión intravenosa. 
     

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
  •  
  •  
  •  
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde