0 comentarios comentarios

Procedemento da Frecuencia Cardíaca

.

1. Comprobar a identidade do paciente, segundo o procedemento de aplicación no Servizo Galego de Saúde.Comprobar a identidade do paciente, segundo o procedemento de aplicación no Servizo Galego de Saúde.
2. Respectar a intimidade do enfermo e gardar confidencialidade dos seus datos.Respectar a intimidade do enfermo e gardar confidencialidade dos seus datos.
3. Informar o paciente e/ou o coidador principal do procedemento que se vai realizar e solicitarlle a súa colaboración, se é posible, recalcar a súa utilidade, usar unha linguaxe comprensible e resolver as súas dúbidas e temores. No caso de pacientes pediátricos explicarlle o procedemento aos pais (Grao B).
4. Solicitar o seu consentimento de forma verbal, sempre que sexa posible.
5. Realizar hixiene de mans con solución hidroalcohólica segundo procedemento.
6. Axudar o doente a adoptar unha posición cómoda que permita o acceso á zona elixida.
7. Medir o pulso:Medir o pulso:
 
· Elixir o lugar da medición: radial (a máis empregada), braquial, carótide, temporal, femoral, tibial posterior, poplítea ou pedia.
· Se se vai medir na arteria radial, colocar a extremidade semiflexionada coa
palma da man cara arriba.
· Apoiar a xema dos dedos índice, corazón e anular da man dominante no punto
seleccionado e localizar o latexo arterial. O uso do polgar está contraindicado porque ten pulso propio que pode confundirse co do paciente.
· Contar durante 30 segundos, multiplicando o resultado por dous. Se o pulso é
irregular cóntase durante un minuto completo.Valores normales de FC.pdfValores normales de FC.pdf
· Valorar o ritmo (regular ou irregular), amplitude (forte ou débil) e tensión (brando ou duro).Factores a considerar.pdfFactores a considerar.pdf
 
B. PULSO APICAL
· Colocar o doente en decúbito supino ou semifowler.
· Descubrir a zona do tórax correspondente ao vértice do corazón.
· Quentar a membrana do fonendoscopio e comprobar que o son estea aberto (o metal do fonendoscopio pode estar frío e sobresaltar o doente, alterando o resultado).
· Colocar a membrana timpánica na punta cardíaca (5.º espazo intercostal esquerdo na liña media clavicular).
· Contar durante 60 segundos. Valores normales de FC.pdfValores normales de FC.pdf
· Valorar o ritmo (regular ou irregular), amplitude (forte ou débil) e tensión (brando ou duro).Factores a considerar.pdfFactores a considerar.pdf
· Desinfectar o cabezal do fonendoscopio entre paciente e paciente cun algodón
impregnado nun desinfectante intermedio (alcol 70º), segundo instrucións do fabricante e as normas do Servizo de Medicina Preventiva.
 
C. TOMA DE FRECUENCIA CARDÍACA/PULSO MEDIANTE MONITOR
· Se fose necesario, rasurar o pelo da zona, a humidade e a graxa da pel pódense eliminar con auga con xabón ou antiséptico (exemplo: alcol 70º), segundo as instrucións do fabricante dos eléctrodos.
· Colocar os eléctrodos adecuados ao paciente (adulto ou pediátrico) de forma
que non supoñan un obstáculo en caso de acceso ao tórax para calquera intervención (masaxe, radiografía e ecografía, cirurxía) e coidando que non se enreden nin entorpezan movementos.
· En pacientes monitorizados cambiaranse cada 24 horas: 
Colocación de eléctrodos en monitor con 3 eléctrodos:
Vermello: debaixo da clavícula cerca do ombreiro dereito.
Amarelo: debaixo da clavícula cerca do ombreiro esquerdo.
Negro: debaixo do apéndice xifoide.
 
Colocación de eléctrodos en monitor con 5 eléctrodos:
Vermello: debaixo da clavícula cerca do ombreiro dereito.
Amarelo: debaixo da clavícula cerca do ombreiro esquerdo.
Blanco: debaixo do apéndice xifoide, ou na liña axilar anterior, no quinto espazo intercostal.
Negro: bordo costal inferior dereito ou crista ilíaca dereita.
Verde: bordo costal inferior esquerdo ou crista ilíaca esquerda.
 
· Conectar os cables do monitor aos eléctrodos do paciente e comezar a monitorizar.
· Vixiar o estado da pel para evitar lesións ou alerxias.
 
8. Realizar hixiene de mans, segundo procedemento.Realizar hixiene de mans, segundo procedemento.

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
  •  
  •  
  •  
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio