0 comentarios comentarios

Determinación da temperatura corporal

Entre as súas numerosas vantaxes cabe destacar a redución na diversidade inapropiada da práctica clínica, o que propicia unha atención máis xusta e equitativa aos nosos pacientes.

​A protocolización dos coidados confórmase como instrumento indispensable de soporte para a práctica clínica. Entre as súas numerosas vantaxes cabe destacar a redución na diversidade inapropiada da práctica clínica,o que propicia unha atención máis xusta e equitativa aos nosos pacientes. Unifican, así mesmo, criterios de actuación que nos serven de punto de partida para unha avaliación da calidade do proceso asistencial.

A Tª corporal pódese determinar mediante termómetros electrónicos, dixitais, de infravermellos e de cristal de galio.
A medición con termómetros electrónicos dixitais, pódese realizar en tres zonas: a axila, a boca e o recto, para a medición da temperatura rectal existen termómetros dixitais semirríxidos.
 
A temperatura da arteria pulmonar considérase normalmente o patrón da temperatura central. pero na medicina clínica considérase que a zona rectal ofrece a “verdadeira” temperatura corporal. Por tanto, tradicionalmente, as lecturas bucal e axilar axústanse á temperatura rectal engadindo 0,3 e 0,5 ºC, respectivamente.
 
A temperatura axilar é a máis utilizada por ofrecer maior seguridade e comodidade para o paciente.

 

Tes mais información sobre o procedemento nos distintos apartados da información asociada


Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
  •  
  •  
  •  
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio