Temperatura ótica

0 comentarios comentarios

Temperatura ótica

.

  1. Comprobar a identidade do paciente, segundo o procedemento de aplicación no Servizo Galego de Saúde.
  2. Identificarnos con nome e apelidos.
  3. Respectar a intimidade do enfermo e gardar confidencialidade dos seus datos.
  4. Informar o paciente e/ou o coidador principal do procedemento que se vai realizar e solicitarlle a súa colaboración, se é posible, recalcar a súa utilidade, usar unha linguaxe comprensible e resolver as súas dúbidas e temores. No caso de pacientes pediátricos explicarlle o procedemento aos pais  (Categoría IB). 
  5. Solicitar o seu consentimento de forma verbal, sempre que sexa posible.
  6.  Identificar os profesionais sanitarios que van intervir no procedemento.
  7. Realizar hixiene de mans con solución hidroalcohólica segundo procedemento. Non é preciso o uso de guantes agás existencia de feridas ou risco de exposición a fluídos corporais. A suor non é considerada de risco biolóxico.
  8. Proceder á toma da Tª.

 Temperatura ótica

  • Para asegurar unha medición precisa, coloque sempre un protector hixiénico novo e limpo.
  • Acender o termómetro e, cando estea preparado, iniciar o proceso de medida.
  • Estirar o orella para enderezar o canal auditivo. Isto faise mellor se se usa a man contraria para suxeitar o bordo superior da orella. En nenos menores de 3 anos, estirar cara atrás e algo cara abaixo, en maiores de 3 anos e adultos, tirar cara atrás e arriba.
  • Coloque a sonda de forma suave no oído e siga as instrucións ata que o equipo indique que acadou a temperatura final. O resultado aparecerá na pantalla.
  • Os valores normais oscilan entre 37-38ºC, hai un aumento con respecto aos valores normais na medición axilar.
  • Recoller o material utilizado e hixienizar as mans segundo o procedemento habitual (categoría IA).
  • As consideracións de uso de termómetros electrónicos e dixitais son as mesmas que nos anteriores puntos en canto a seguir instrucións do fabricante, colocación e desbotado de fundas, limpeza e desinfección.

 

 

 

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde