Anexo Temperatura. Valoración resultados

0 comentarios comentarios

Anexo Temperatura. Valoración resultados

Valoración de resultados da temperatura corporal.
• A temperatura rectal é 0.3°C-0.6°C máis alta que a temperatura oral.
• A temperatura no oído é 0.3°C-0.6°C máis alta que a temperatura oral.
• A temperatura axilar é a maioría das veces 0.3°C-0.6°C máis baixa que a temperatura oral.
• A temperatura na fronte é a maioría das veces 0.3°C-0.6°C máis baixa que a temperatura oral.
Outros factores que tomar en conta son:
• Polo xeral, a temperatura rectal é a máis exacta en nenos pequenos.
• Os termómetros de tiras plásticas toman a temperatura da pel, non a temperatura corporal. Non se recomendan para uso caseiro xeral.
 
TEMPERATURA
Grupo
Idade
Grados centígrados
Neonato
Nacemento á 6 semanas
38
Infante
7 semanas- 1 ano
37,5 a 37,8
Lactante maior
1-2 anos
37,5 a 37,8
Preescolar
2-6 anos
37,5 a 37,8
Escolar
6-13 anos
37 a 37,5
Adolescente
13-16 anos
37
Adulto
16 anos e mais
36,2 a 37,2
 
 
Valoración da temperatura
36°C: temperatura normal do corpo; esta pode oscilar entre 35.5 e 37°C
37 °C (febrícula): temperatura superior a 37°C pero inferior a 38°C, durante 24 horas.
38°C (febre): preséntase suor acompañada de rubor, taquicardias e dispnea. Pode xurdir esgotamento.
39°C (febre moderada): a sensación de calor e a debilidade aumentan. Os epilépticos e os nenos poden sufrir convulsións chegados a este punto.
40°C (urxencia): mareos, vertixes, debilidade, deshidratación, náuseas, vómitos, cefalea e suor profunda.
41°C: todo o anterior máis acentuado; tamén pode existir confusión, alucinacións, delirios e somnolencia.
42°C: ademais do anterior, o suxeito pode ter palidez ou rubor. Pode chegar ao coma, con hipertensión ou hipotensión e unha gran taquicardia.
43°C: normalmente aquí acontece a morte ou deixa como secuelas diversos danos cerebrais, acompáñase de convulsións continuas, shock.
Hipotermia e graos.
Hipotermia é o descenso involuntario da temperatura corporal por debaixo de 35°C medida con termómetro no recto ou no esófago.
Se a temperatura ambiental é moi baixa, a temperatura corporal descende bruscamente, unha caída de só 2°C pode entorpecer a fala e o afectado comeza a amodorrarse. Se a temperatura descende aínda máis, o afectado pode perder a consciencia e incluso morrer.
Considérase hipotermia leve cando a temperatura corporal se sitúa entre 33°C e 35°C e vai acompañada de tremores, confusión mental, torpeza de movementos e corpo tremente.
Entre 30°C e 33°C considérase hipotermia moderada e aos síntomas anteriores súmanse desorientación, estado de seminconsciencia e perda de memoria.
Por debaixo dos 30°C trátase dunha hipotermia grave e comporta perda da consciencia, dilatación de pupilas, baixada da tensión e latidos cardíacos moi débiles e case indetectables.
 

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
  •  
  •  
  •  
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde