0 comentarios comentarios

Definicións. FC

.

Frecuencia cardíaca/pulso - número de veces que o corazón realiza o ciclo completo de enchedura e baleiramento das súas cámaras nun determinado tempo expresándose en contraccións ou latexamentos por minuto (lpm). Os latexamentos corresponderían coas sístoles, é dicir, cando o sangue é expulsado ao resto do corpo.

Monitorización da frecuencia cardíaca - é a recollida da actividade eléctrica cardíaca mediante o uso de tres ou cinco eléctrodos dispostos sobre o tórax. Hai dous tipos de monitor de frecuencia:

- Os que rexistran só a FC con rexistro electrocardiográfico.
- Os que rexistran en pantalla FC con rexistro electrocardiográfico dixital desta e saturación de osíxeno con rexistro dixital e curva. Ademais, pódese monitorizar tensión arterial con curva, presión venosa central, presión da aurícula esquerda (PAI) e temperatura.

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
  •  
  •  
  •  
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio