Definicións. FC

0 comentarios comentarios

Definicións. FC

.

Frecuencia cardíaca/pulso: número de veces que o corazón realiza o ciclo completo de enchedura e baleiramento das súas cámaras nun determinado tempo expresándose en contraccións ou latexos por minuto (lpm). Os latexos corresponderían coas sístoles, é dicir, cando o sangue é expulsado ao resto do corpo.
Monitorización da frecuencia cardíaca: é a recollida da actividade eléctrica cardíaca mediante a amplificación dos potenciais eléctricos do corazón, a frecuencia  cardíaca dedúcea o monitor contando o número de ondas R por minuto no ECG. Hai dous tipos de monitor de frecuencia:
  • Conector con tres cables (convencional), que rexistran só a FC con rexistro electrocardiográfico. 
  • Conector con ata 5 cables (ECG completo), móstranos a actividade cardíaca (FC con rexistro electrocardiográfico) e respiratoria (FR), ademais pódense monitorizar a saturación de osíxeno, tensión arterial por medio de manguito pneumático (PA), a temperatura periférica (Tª), e tamén se inclúe actualmente a saturación de osíxeno (SatO2 ) mediante pulsioximetría.

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde