0 comentarios comentarios

Procedemento de adm. medicación v. intradérmica

.

- Comprobar a identidade do paciente, segundo o procedemento de aplicación no Servizo Galego de Saúde.

- Respectar a intimidade do enfermo e gardar confidencialidade dos seus datos.Respectar a intimidade do enfermo e gardar confidencialidade dos seus datos.

- Informar o paciente e/ou o coidador principal do procedemento que se vai realizar e solicitarlle a súa colaboración, se é posible, recalcar a súa utilidade, usar unha linguaxe comprensible e resolver as súas dúbidas e temores. No caso de pacientes pediátricos explicarlle o procedemento aos pais (Grao B).

 - Solicitar o seu consentimento de forma verbal, sempre que sexa posible.

- Identificar os profesionais sanitarios que van intervir no procedemento.
 
- Seguindo os cinco principios de administración da medicación verificar: fármaco, dose, vía, hora e paciente correcto. Asegurarse de que non existe contraindicación ou alerxia ao fármaco.
 
- Comprobar a prescrición coa etiqueta do fármaco e que ambas as dúas están claramente escritas. Comprobar ademais a data de caducidade e a súa axeitada conservación, data de apertura, a integridade deste e a ausencia de partículas en suspensión (Grao B).
 
- Preparar a medicación para a súa administración de forma individualizada, e o que a prepare será o encargado de administrala, exceptuando os casos de elaboración ou mestura por parte do servizo de farmacia.
 
- Desinfectar as mans con solución hidroalcohólica (Grao A nivel I) ou lavado hixiénico de mans.
 
- Desinfectar o tapón do vial no caso de vial multiusos, con alcohol de 70º, e deixar secar. (Comprobar previamente a data de apertura do vial) (Grao A nivel I).
 
- Cargar a dose prescrita, para evitar o posible refluxo, á hora de cargar a substancia
na xiringa podemos engadir 0,1 ml de aire e asegurarnos de que este queda posterior
ao líquido que se vai administrar. Así, á hora de realizar a inxección, o aire forma unha burbulla-tapón que impide que saia a substancia.
 
- Desbotar a agulla utilizada para o cargado no contedor de obxectos punzantes.
 
- Colocar agulla de 25G-27G. para a administración do fármaco.
 
- Asegurarse de que non queda aire na xiringa, comprobando que ao empuxar o émbolo da xiringa sae líquido polo bisel da agulla .
 
- Colocar o paciente en posición cómoda e seleccionar a zona de inxección.
 
- Limpar e desinfectar a pel cun antiséptico incoloro (clorhexidina ao 2 % ou alcohol ao 70 %), a continuación deixar secar (Grao A, nivel I).
 
- Tensar a pel coa man non dominante, cos dedos polgar e índice (Nivel IV).
 
- Inserir a agulla co bisel cara arriba, formando un ángulo de 5º/ 15º coa superficie da
pel, avanzar lentamente introducindo o bisel e uns milímetros máis.
 
- Non aspirar.
 
- Inxectar a medicación lenta e coidadosamente, ata formar unha pápula, que asegura
que se inxectou de maneira correcta o fármaco na derme.
 
- Despois de esperar uns segundos retirar a agulla co mesmo ángulo de inserción.
 
- Non comprimir, nin fregar a zona (Nivel IV).
 
- Eliminar o material punzante no contedor de obxectos punzantes.
 
- Acomodar o paciente.
 
- Retirada de luvas e lavado de mans ou utilización de solución hidroalcohólica (Grao A nivel I).

 

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
  •  
  •  
  •  
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio