Procedemento de adm. medicación v. intradérmica

2 comentarios comentarios

Procedemento de adm. medicación v. intradérmica

.

 

  1. Comprobar a identidade do paciente, segundo o procedemento de aplicación no Servizo Galego de Saúde.
  2. Respectar a intimidade do enfermo e gardar confidencialidade dos seus datos.
  3. Informar o paciente e/ou o coidador principal do procedemento que se lle vai realizar e solicitarlle a súa colaboración, se é posible, recalcar a súa utilidade, usar unha linguaxe comprensible e resolver as súas dúbidas e temores. No caso de pacientes pediátricos explicarlles o procedemento aos pais (grao B).
  4. Solicitar o seu consentimento de forma verbal, sempre que sexa posible.
  5. Identificar os profesionais sanitarios que van intervir no procedemento.
  6. Seguindo os cinco principios de administración da medicación verificar: fármaco, dose, vía, hora e paciente correctos. Asegurarse de que non existe contraindicación ou alerxia ao fármaco.
  7. Comprobar a prescrición coa etiqueta do fármaco e que ambas as dúas están claramente escritas. Comprobar ademais a data de caducidade e a súa axeitada conservación, data de apertura, a integridade deste e a ausencia de partículas en suspensión (grao B).
  8. Preparar a medicación para a súa administración de forma individualizada, e o que a prepare será o encargado de administrala, exceptuando os casos de elaboración ou mestura por parte do servizo de farmacia.
  9. Desinfectar as mans con solución hidroalcohólica (grao A, nivel I) ou lavado hixiénico de mans
  10. Desinfectar o tapón da vía no caso de vía multiusos, con alcohol a 70º, e deixar secar (comprobar previamente a data de apertura da vía) (grao A, nivel I).
  11. Cargar a dose prescrita, para evitar o posible refluxo, á hora de cargar a substancia na xiringa. Podemos engadir 0,1 ml de aire e asegurarnos de que este queda posterior ao líquido que se vai administrar. Así, á hora de realizar a inxección, o aire forma unha burbulla-tapón que impide que saia a substancia.
  12. Desbotar a agulla utilizada para a carga no contedor de obxectos punzantes.
  13. Colocar agulla de 25G-27G para a administración do fármaco.
  14. Colocar o paciente en posición cómoda e seleccionar a zona de inxección.
  15. Limpar e desinfectar a pel con un antiséptico incoloro (clorhexidina ao 2% ou alcohol ao 70%), a continuación deixar secar (grao A, nivel I).
  16. Tensar a pel coa man non dominante, cos dedos polgar e índice, (nivel IV).
  17. Inserir a agulla co bisel cara arriba, formando un ángulo de 15-20º coa superficie da pel. Avanzar paseniño e paralelamente á pel, de xeito que a través da pel poidamos ver o bisel (se non é así, é que traspasamos a pel e estamos xa na zona subcutánea). Non hai que introducir toda a agulla, senón so o bisel e algúns milímetros máis introducindo o bisel uns milímetros máis.
  18. Aspirar moi suavemente (co fin de non romper a pel) para ver se pinchamos un vaso sanguíneo. En caso afirmativo, extraeremos a agulla e pincharemos noutro sitio.
  19. Inxectar a medicación lenta e coidadosamente, ata formar unha pápula branquiña que asegura que se inxectou de maneira correcta o fármaco entre as dúas capas da pel, a epiderme e a derme.
  20. Despois de esperar uns segundos retirar a agulla co mesmo ángulo de inserción.
  21. Non comprimir nin fregar a zona (nivel IV).
  22. Pódese deixar unha gasa no sitio de punción (que non na pápula), por si reflúe algo de líquido.
  23. Eliminar o material punzante no contedor de obxectos punzantes.
  24. Acomodar o paciente.
  25. Lavar as mans ou utilizar solución hidroalcohólica (grao A, nivel I).

 

Comentarios:
  • avatar elpulpo dixo:
    venres, 18 de xuño 2021 ás 21:04
    agradecible
  • avatar Roxana Alanya Mercado dixo:
    venres, 16 de outubro 2020 ás 03:11
    Procedimiento
Publica o teu comentario
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde