Procedemento. Adm. medicación vía nasal

Procedemento. Adm. medicación vía nasal

Procedemento
 
  1. Comprobe a identidade do paciente, segundo o procedemento de aplicación no Servizo Galego de Saúde.
  2. Respecte a súa intimidade e garde a confidencialidade dos seus datos.
  3. Informe o paciente e/ou o coidador principal do procedemento que se lle vai realizar e solicítelle a súa colaboración: se é posible, recalque a súa utilidade. Use unha linguaxe comprensible e resolva as súas dúbidas e temores. No caso de pacientes pediátricos, explíquelles o procedemento aos pais–titores.
  4. Solicite o seu consentimento de forma verbal, sempre que sexa posible. 
  5.  Identifique os profesionais sanitarios que van intervir no procedemento.
  6. Seguindo os cinco principios de administración da medicación, verifique: fármaco, dose, vía, hora e paciente correcto. Asegúrese de que non existe contraindicación ou alerxia ao fármaco.
  7. Comprobe a data de caducidade do medicamento e a súa axeitada conservación, a data de apertura e a súa integridade.
  8. Asegúrese de que ten todo o material necesario á man.
  9. Realice a hixiene das mans.
  10. Coloque os guantes.
  11. Acomode a altura da cama para favorecer a ergonomía, se procede.
  12. Facilítelle ao paciente un pano das mans de papel e indíquelle que se asoe, para limpar as fosas nasais.
  13. Solicítelle que se sente, ou axúdeo se el non pode, de modo que deixe un espazo detrás da cabeza para que poida inclinala cara a atrás. No caso de non ser posible que o paciente estea sentado, tamén poderá estar en posición de Fowler ou de semi-Fowler, ou incluso deitado, coa cabeza inclinada cara a atrás, encima dunha almofada.

 

PARA A ADMINISTRACIÓN DE GOTAS
 
  1. Co contagotas, extraia a cantidade de medicamento necesaria para poder instilala dunha soa vez no burato nasal do paciente (cantas menos veces se introduza o contagotas no frasco, máis diminúe o risco de contaminación).
  2. Indíquelle ao paciente que incline lixeiramente a cabeza cara a atrás.
  3. Abra completamente os orificios nasais do paciente. Para isto, utilice o dedo polgar da man e faga unha lixeira presión sobre a punta do nariz, mentres lle apoia o resto da man na fronte.
  4. Introduza o contagotas aproximadamente 1 cm no burato nasal, procurando que este non toque as paredes nasais.
  5. Dirixa a punta do contagotas cara ao tabique nasal, mantendo un ángulo de 180º respecto do narizInstilación.JPGInstilación.JPGDeste modo, facilítase que o medicamento vaia cara á parte posterior do nariz e non cara á gorxa.Deste modo, facilítase que o medicamento vaia cara á parte posterior do nariz e non cara á gorxa.
  6. Aperte a pera do contagotas para instilar o número exacto de gotas prescrito.
  7. Se o paciente tose, pídalle que se incorpore. Comprobe durante uns minutos que non aparecen problemas respiratorios.
  8. Indíquelle que manteña a cabeza inclinada durante 5 minutos cara ao lado no que se fixo a instilación e que respire pola boca, para evitar esbirros.
  9. Repita o procedemento no outro orificio nasal, se está prescrito.
  10. Infórmeo de que é normal que note o sabor das gotas na gorxa. Se este lle resulta moi desagradable, permítalle que expectore nun pano das mans de papel.
  11. Limpe o contagotas.

 

PARA A ADMINISTRACIÓN DUN SPRAY NASAL
 
  1. Tras expoñerlle ao paciente cal debe ser a posición na que se debe colocar e vostede preparar a vía de acceso, indíquelle que debe inspirar suavemente ao mesmo tempo que instilamos a medicación.
  2. Pídalle que manteña tapada a fosa nasal na que non se vai administrar a medicación.
  3.  Introduza a punta do aplicador na fosa nasal.
  4. Proceda á instilación do produto sen soltar o mecanismo ata a retirada do aplicador, ao mesmo tempo que o paciente inicia unha inspiración profunda.
  5. Indíquelle que manteña a cabeza botada para atrás uns minutos, ata que note o efecto do medicamento; a continuación, asoará o nariz para expulsar a mucosidade.
  6. Repita o procedemento no outro orificio nasal, se está prescrito.
  7. Limpe o aplicador.
PARA A ADMINISTRACIÓN DUN XEL OU DUNHA POMADA
 
Tras expoñerlle ao paciente cal debe ser a posición na que se debe colocar e vostede preparar a vía de acceso, aplique unha pequena cantidade en cada fosa nasal, procurando unha distribución uniforme, para o que se aconsella unha masaxe externa.
 
TRAS REMATAR A ADMINISTRACIÓN DO MEDICAMENTO
 
  1. Retire o material.
  2. Acomode o paciente. 
  3. Retire os guantes e tíreos.
  4. Realice a hixiene de mans.
  5. Valore a tolerancia e os posibles efectos adversos; se os houbese, comuníquellos ao médico.
  6. Asine a administración da medicación no lugar correspondente e rexistre as incidencias, se as houbese. Se a medicación non fose administrada por algunha razón, rexístreo.
  7. No caso de se producir algún erro na administración da medicación, faga unha notificación no SiNASP.

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde