0 comentarios comentarios

Administración de medicación por vía subcutánea

A vía subcutánea preséntase como unha alternativa cando non é posible o uso da vía oral, o uso desta vía está estendido no manexo dos pacientes paliativos pero non no resto dos pacientes.

Este procedemento ten como finalidade estandarizar os criterios de actuación na utilización da vía subcutánea, co fin de reducir a variabilidade clínica e incorporar sas mellores prácticas na actividade asistencial.

A vía subcutánea é unha técnica sinxela, pouco agresiva e pouco dolorosa; o acceso ao tecido celular subcutáneo realízase con agullas de pequeno calibre, pódese empregar no domicilio, non require vixilancia tan intensa como a vía intravenosa, nin require hospitalización, e permite unha maior autonomía do paciente.
A vía subcutánea preséntase como unha alternativa cando non é posible o uso da vía oral, o uso desta vía está estendido no manexo dos pacientes paliativos pero non no resto dos pacientes.
 
A utilización da infusión subcutánea continua, logra unha administración constante mantendo unha determinada concentración dun ou varios fármacos, grazas ao uso de reservorios de medicación que se coñecen como infusores ou syringe-drivers.
 
Existen distintas situacións onde o paciente se pode beneficiar do uso desta forma de administración de fármacos, non se reserva unicamente para o paciente na fase terminal, e pode considerarse como unha alternativa para o tratamento cando outras vías de administración non son apropiadas, inadecuadas ou cando os síntomas precisen un maior control que o obtido por vía oral.
 
Tes mais información sobre o procedemento nos distintos apartados da información asociada.

 

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
  •  
  •  
  •  
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio