Administración de medicación por vía subcutánea

0 comentarios comentarios

Administración de medicación por vía subcutánea

Procedemento actualizado en 2019

Este procedemento ten como finalidade estandarizar os criterios de actuación na utilización da vía subcutánea, co fin de reducir a variabilidade clínica incorporando as mellores prácticas na actividade asistencial.
A vía subcutánea é unha vía de administración bastante segura, sinxela e cómoda para o paciente. É unha técnica de fácil manexo tanto para o persoal sanitario como para coidadores e familiares. O acceso ao tecido celular subcutáneo realízase con agullas de pequeno calibre, sendo unha técnica pouco agresiva, non dolorosa, con mínima complicación de tipo local (eritema, induración ou infección localizada), de baixo custo, que permite a súa utilización no domicilio, non require vixilancia hospitalaria, permitindo unha maior autonomía e calidade de vida do paciente.
 
A vía subcutánea utilízase naqueles casos en que se desexa unha absorción lenta, mantida e controlada dun fármaco. Polo xeral, o control da sintomatoloxía mediante o uso da vía subcutánea como alternativa á vía oral, é unha das opcións máis frecuentes para o manexo dos pacientes paliativos, tanto para administración de fármacos, preferentemente hidrosolubles (son menos irritantes e non se acumulan no tecido), de forma intermitente ou como administración continua mediante infusorios (elastoméricos, de xiringa, peristálticos ou electrónicos) ou en bolus.
 
A administración de fármacos ou drogas por vía subcutánea, en infusión continua ou intermitente (hipodermoclise) ou bolo, supón unha técnica moi útil, permitíndonos usar diferentes principios activos a un volume moi lento e reducido (máx. 2 ml en bolo ou 50 ml/h en infusión), e en caso necesario e de urxencia pode proporcionar unha hidratación adecuada. Noutras ocasións, a vía subcutánea utilízase para administrar micro-partículas compactadas (entre 0,5-1,5 mm) que se depositan na pel a través dun trocar para liberar gradualmente diferentes fármacos (corticoides, hiploglicemiantes, terapia hormonal...) ou substancias micro-encápsuladas (vitaminas, aceites,...).
Polo tanto, existen distintas situacións onde calquera paciente se pode beneficiar do uso desta forma de administración de fármacos, podendo considerarse como unha alternativa para o tratamento sintomático ou curativo cando outras vías de administración non son apropiadas, son inadecuadas ou cando os síntomas precisen un maior control que o obtido por via oral ou gástrica.
 
Tes mais información sobre o procedemento nos distintos apartados da información asociada.


Autores vía SC 1GAL.JPG

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
  •  
  •  
  •  
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde