Comprobar a identidade do paciente, segundo o procedemento de aplicación no Servizo Galego de Saúde.
Respectar a intimidade do enfermo e gardar confidencialidade dos seus datos.
Solicitar o seu consentimento de forma verbal, sempre que sexa posible.
Identificar os profesionais sanitarios que van intervir no procedemento.
Se o paciente colabora, explícaselle como debe realizar a recollida da mostra mediante micción espontánea.
Paciente portador de sonda vesical permanente. Lavar as mans e poñer luvas. A toma de urina farase pinzando primeiro no extremo final da sonda que conecta coa bolsa durante aproximadamente 30 minutos, e posteriormente mediante punción aséptica da sonda ou cunha xiringa extraendo mostra do dispositivo da bolsa de recollida proximal, se o ten, tras limpalo con clorhexidina 0,05-0,5 %, recoller cantidade 10cc.
Enviar a mostra ao laboratorio, se non é posible enviala nun prazo máximo de 4 horas debe refrixerarse inmediatamente en neveira a unha temperatura entre 2-8 ºC, nunca máis de 24 horas.
Retirada do material utilizado.
Quitar as luvas e lavar as mans con auga e xabón.